Johnny Depp

actor, produtor e músico estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Johnny Depp
Remove ads

John Christopher Depp II, nado en Owensboro, Kentucky, o 9 de xuño de 1963, é un actor, produtor e músico estadounidense. Gañou un Globo de Ouro e un Premio do Sindicato de Actores ó mellor actor.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Depp acadou a fama coa serie de televisión dos anos 1980 21 Jump Street, na que se converteu nun ídolo adolescente. Insatisfeito con esa condición, Depp empezou no cine para obter papeis que supuxeran un desafío maior. Interpretou o papel protagonista na aclamada Edward Scissorhands (1990) e posteriormente obtivo un grande éxito en filmes coma Sleepy Hollow (1999), Charlie e a fábrica de chocolate (2005), Alice in Wonderland (2010), Rango (2011) e a serie de Pirates of the Caribbean. Colaborou co director, e amigo seu, Tim Burton en oito filmes; sendo o último Sombras tenebrosas (2012).

Depp gañou o recoñecemento polas súas actuacións interpretando a Ed Wood en Ed Wood, Joseph D. Pistone en Donnie Brasco, Hunter S. Thompson en Fear and Loathing in Las Vegas, George Jung en Blow, Jack Sparrow na saga Pirates of the Caribbean, e ó ladrón de bancos John Dillinger en Public Enemies. Os filmes protagonizados por Depp tiveron no seu conxunto unha recadación de máis de $3,1 billóns nos Estados Unidos e $7,6 billóns arredor do mundo.[1] O seu maior éxito comercial foron os filmes da serie Pirates of the Caribbean que recadaron 3.727 millóns de dólares, Alice in Wonderland que acadou 1.024 millóns, Charlie and the Chocolate Factory con 474 millóns e The Tourist con 278 millóns.[2][3][4]

Remove ads

Traxectoria

Cando era moi novo mudouse a Miramar, Florida. Os seus pais divorciáronse cando Depp tiña 16 anos de idade. O seu interese pola música espertou ao recibir unha guitarra coma agasallo da súa nai. De adolescente, formou parte de diversos grupos musicais, entre eles, o máis coñecido, The Kids. The Kids logrou acadar certo recoñecemento en Florida, chegando incluso a ser abreconcertos de Iggy Pop. Aos 18 anos trasladouse aos Ánxeles na busca dunha carreira no mundo da música. Casou cunha maquilladora, e foi ela quen lle presentou ao xove actor Nicolas Cage, quen lle aconsellou a Depp desistir nos seus intentos de lograr fama coma cantante de rock. Presentoulle ao seu axente, quen lle conseguiu o seu primeiro papel, na clásica película de terror A Nightmare on Elm Street (1984) de Wes Craven.

Carreira como actor

Interpretou papeis tan diversos coma un xove con tesoiras no canto de mans, o peor director da historia do cine Edward D. Wood Jr., o máis grande amante de tódolos tempos en Don Juan De Marco, un axente encuberto do FBI en Donnie Brasco, o alter ego do escritor e periodista Hunter S. Thompson na película de culto Fear and Loathing in Las Vegas e recentemente ó pirata Jack Sparrow en Piratas do Caribe.

Na actualidade, unha das colaboracións máis recoñecidas é a que forman Johnny Depp e Tim Burton. Contribuíu con el en varias oportunidades, en Edward Scissorhands, Ed Wood, Sleepy Hollow, Charlie e a fábrica de chocolate, e dando voz a Victor Van Dort, protagonista de A noiva cadáver, entre outras.

Foi candidato ao Óscar ao mellor actor en tres ocasións, e en cinco ocasións ao premio de mellor actor nos Globos de Ouro.

Remove ads

Filmografía

Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Premios e nomeamentos

Oscar

Máis información Ano, Categoría ...

Globo de Ouro

Máis información Ano, Categoría ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads