Ana Barbero
piloto española de rally From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ana María Barbero Zurita, nada en Córdoba, é unha expiloto española de rallys.
En 1992 proclamouse vencedora do Campionato de Galicia de Rallys de Terra.[1]
Remove ads
Traxectoria
Comezou nos rallys a finais da década de 1980. En 1991 disputou o Campionato de España de Rallys de Terra a bordo dun Citroën AX 4x4, rematando en quinta posición no Challenge Citroën.[2] Correu tamén ese ano o 4º Rally de Terra do Carballiño, rematando en segunda posición, só por detrás de Manuel Senra.[3] En 1992 disputou, ademais do nacional, o Campionato de Galicia de Rallys de Terra de forma íntegra. Quedou en segunda posición na primeira das probas, o Rally de Narón, por detrás de Manuel Senra,[4][5] e logrou tamén o segundo posto no Rally do Carballiño, despois de manter un duelo con Senra, que acabou rompendo.[6] Tras o Rally de Terra de Ourense, onde quedou cuarta, proclamouse campioa de Galicia, sendo a única muller en logralo.[1][7]
En 1995 correu o Rally de Montecarlo, a bordo dun Fiat Cinquecento, aínda que non conseguiu acabar a carreira.[8] Tras deixar os rallys fíxose instrutora do RACE.[9]
En 2019 correu a Panda Raid en Marrocos, un rally afeccionado de resistencia de 3000 km a bordo dun Fiat Panda.[10][11]
Remove ads
Vida persoal
O seu marido, Guillermo Barreras, foi campión de España de Rallys de Terra en 1985, mentres que a súa filla, Ana Barreras, tamén compite en automobilismo, na Copa Kobe Motor.[12][13]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads