Ana Blanco

xornalista e presentadora de radio e televisión española From Wikipedia, the free encyclopedia

Ana Blanco
Remove ads

Ana Isabel Blanco López, nada en Bilbao o 28 de novembro de 1960[1], é unha pedagoga e xornalista vasca, coñecida por presentar os informativos de TVE desde comezos da década de 1990.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Estudou Pedagoxía na Universidade de Deusto, e comezou a súa relación cos medios de comunicación en 1980 mediante colaboracións no programa de radio Los 40 Principales da Cadena SER en Bilbao, que compaxinaba cos estudos.

Entre 1989 e 1990 compaxinou o seu traballo en Radio 16 coa presentación do programa cultural de Telemadrid chamado Zip-Zap. La guía, xunto a Agustín Bravo. En 1990 incorporouse a TVE.

Na tempada 1991/1992 pasou a presentar en La 2, Noticias de La 2, na súa edición de tarde.

Desde o 21 de setembro de 1992 ó 24 de setembro de 1993 presentou o Telediario 2 con Matías Prats. A edición estivo dirixida por Miguel Adrover. Desde o 27 de setembro de 1993 ó 31 de agosto de 1996, presentou Telediario 1, con Matías Prats.

Desde o 8 de setembro de 1996 ó 28 de abril de 1998, volveu presentar Telediario Fin de Semana con Pedro Sánchez Quintana, estando acompañados desde o 5 de setembro de 1997 por Sergio Sauca nos deportes.

Desde o 29 de abril de 1998 ó 31 de xullo de 1998 presentou o Telediario 2 con María Escario nos deportes, relevando a Ernesto Sáenz de Buruaga.

Desde o 31 de agosto de 1998 ó 30 de xullo de 2013, presentou o Telediario 1, relevando a Matías Prats e Almudena Ariza.

Desde o 2 de setembro de 2013 ó 31 de agosto de 2018 presentou o Telediario 2, primeiro con Marcos López até o 1 de xullo de 2014 e en solitario, desde o 8 de setembro de 2014 ó 31 de agosto de 2018; con Jesús Álvarez, nos deportes e Mónica López no tempo. Na edición: María Eizaguirre.[2]

Desde o 3 de setembro de 2018, volve presentar Telediario 1, 5 anos despois, relevando a Pilar García Muñiz.

En todólos seus anos nos servizos informativos de TVE pasou por practicamente tódalas edicións dos Telediarios, ademais de moitos especiais informativos, como os dous dedicados ó primeiro aniversario da morte de Lady Di; o do nacemento do primeiro fillo da Infanta Elena ou a inauguración da Expo de Lisboa 98.

O 13 de xuño de 2016, moderou, xunto a Pedro Piqueras e Vicente Vallés, o debate electoral a 4 da Academia de Televisión -o único da campaña- entre Mariano Rajoy, Albert Rivera, Pedro Sánchez e Pablo Iglesias.[3]

Dende o sábado 9 de setembro de 2023, Ana Blanco presenta Informe Semanal en TVE 1.

Remove ads

Premios

  • Premio Antena de Oro, en 1999.
  • Insignia de Caballero de la Orden Nacional del Mérito, en 2005, pola Embaixada de Francia en España.
  • Micrófono de Oro do ano 2005 que concede a Federación de Asociacións de Radio e Televisión.
  • Premio ATV (Academia de Televisión de España) á Mellor comunicadora de informativos en 2000, 2004, 2005, 2010 e 2012,[4] galardón para o que tamén foi nomeada en 1998, 1999, 2002, 2003, 2006, 2007 e 2008.
  • Premio ATV Mellor Comunicadora 10 de informativos, na edición de 2007 a ATV concede os premios ós mellores profesionais da televisión dos últimos 10 anos, e na categoría de mellor comunicador/a de informativos dos últimos 10 anos a premiada foi Ana Blanco.
  • Premio da Asociación Profesional Española de Informadores de Prensa, Radio y Televisión.
  • Premio TP de Oro 2007 e 2008 á mellor presentadora de informativos.
  • Premio Manuel Alonso Vicedo do 2008 polo seu estilo imparcial e sobrio.
  • Premio Nacional de Periodismo Pedro Antonio de Alarcón 2011 concedido polo concello de Guadix e a Asociación da Prensa de Granada.
  • Distinción Lan Onari outorgada o 25 de outubro de 2011 polo Goberno vasco en recoñecemento á súa traxectoria profesional.
  • Premio Ondas Nacional de Televisión á Mellor presentadora entregado o 24 de novembro de 2015.[5]
  • Premio á Traxectoria Jesús Hermida 2018, concedido pola Academia das Ciencias e as Artes de Televisión.[6]
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads