Ana Torrent

actriz española From Wikipedia, the free encyclopedia

Ana Torrent
Remove ads

Ana Torrent Bertrán de Lis, nada en Madrid o 12 de xullo de 1966, é unha actriz española. Foi nomeada aos premios Goya á mellor actriz por Tesis de Alejandro Amenábar.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

De nena, foi a actriz principal das películas Cría cuervos e El espíritu de la colmena.

Remove ads

Traxectoria

Torrent debutou no cine aos 7 anos protagonizando a película El espíritu de la colmena, de Víctor Erice pola que obtivo o Fotogramas de Prata á mellor actriz do cine español. Víctor Erice lembra: «Os nenos tenden a mesturar a realidade e a ficción. Ana non entendía por que os actores se chamaban dunha maneira e cando empezabamos a rodar, tiñan outro nome. Decidín cambiar os nomes de todos os personaxes polo nome real dos intérpretes». Dous anos despois foi a actriz principal da película Cría cuervos.

Foi escollida polos cronistas de espectáculos de Nova York a Mellor Actriz do ano, galardón que obtivo protagonizando El nido con 13 anos, así como o Premio á Mellor Actriz no Festival Internacional de Cine de Montreal.

Cando acabou a escola, Torrent non tiña claro se seguiría no mundo do cine, con todo foi estudar interpretación con Cristina Rota e máis tarde con Uta Hagen en Nova York.

O seu maior logro e actuación é en Tesis, de Alejandro Amenábar, un grande éxito de recadación na que era Ángela, unha moza universitaria que elaboraba unha tese sobre as películas snuff. Obtivo un nomeamento ao Premio Goya á mellor interpretación feminina protagonista. Destacou tamén a súa interpretación como Catarina de Aragón na superproducción The Other Boleyn Girl.

Remove ads

Premios

Premios Goya

Máis información Ano, Categoría ...

Fotogramas de Prata

Máis información Ano, Categoría ...

Premios ACE (Nova York)

Máis información Ano, Categoría ...
Remove ads

Filmografía

Máis información Ano, Película ...

Teatro

  • Las criadas (2020), de Jean Genet
  • Todas las noches de un día (2019), de Alberto Conejero
  • Pingüinas (2015), de Fernando Arrabal
  • Ricardo III (2015), de Shakespeare
  • Fuegos (2013), de Marguerite Yourcenar
  • Madame Bovary (2012), dirixida por Magüi Mira e con texto adaptado por Emilio Hernández. Teatro Bellas Artes
  • La profesión de la señora Warren (1997), de George Bernard Shaw.
  • El rufián en la escalera (1996), de Joe Orton.
  • Las mocedades del Cid (1990), de Guillem de Castro.
Remove ads

Televisión

  • Anillos de Oro, serie de TV escrita por Ana Diosdado (1983), capítulo titulado 'A corazón abierto'.
  • UCO, TVE 1, (2008; 2013)
  • Carta a Eva, miniserie dirixida por Agustí Villaronga, TVE 1, (2013)
  • Amar es para siempre, como Rosalía Feijóo Maza, Antena 3, (2016-2017; 2018)

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads