Anouk Aimée

actriz francesa From Wikipedia, the free encyclopedia

Anouk Aimée
Remove ads

Nicole Françoise Florence Dreyfus,[1] nada en París o 27 de abril de 1932 e finada en París o 18 de xuño de 2024, foi unha actriz francesa coñecida como Anouk Aimée.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Aimée naceu en París, filla do actor Henri Murray (nado Henry Dreyfus)[2] e da actriz Geneviève Sorya (nada Durand). O seu pai era xudeu, mentres que a súa nai era católica. Aínda que se criou como católica, converteuse ao xudaísmo sendo adulta.[2][3]

A súa educación comezou na École de la rue Milton, en París, na École de Barbezieux, no Pensionnat de Bandol e na Institution de Megève. Estudou danza na ópera de Marsella e teatro en Inglaterra, tralo que pasou a estudar arte dramática e danza con Andrée Bauer-Thérond.[4]

Aimée (daquela coñecida como Françoise Dreyfus) debutou no cinema en 1946, con catorce anos, no papel de "Anouk" en La Maison sous la mer, e mantivo ese nome artístico. Jacques Prévert, mentres escribía Les amants de Vérone (1949) especificamente para ela, suxeriulle que adoptase o apelido simbólico de Aimée (en francés, "Amada"), "que a asociaría para sempre co poder afectivo dos seus papeis na pantalla".[5][6]

Apareceu en La dolce vita, de Federico Fellini, e en Lola, de Jacques Demy. Foi candidata ao Oscar á mellor actriz en 1966 polo seu papel en Un homme et une femme, que lle deu fama internacional.

En 2002, recibiu un premio César de Honra e en 2003 recibiu o Oso de Ouro honorífico do Festival Internacional de Cinema de Berlín, que lle dedicou ese mesmo ano unha retrospectiva.[7]

Remove ads

Vida privada

Aimée estivo casada en catro ocasións: con Edouard Zimmermann (1949-1950), co director Nico Papatakis (1951-1955), co actor e produtor musical Pierre Barouh (1966-1969) e co actor británico Albert Finney (1970-1978). Tivo unha filla, Manuela Papatakis (nada en 1951), do seu segundo matrimonio.

En 1995 foi escollida pola revista Empire no posto 56 das 100 estrelas de cinema máis sexys da historia.[2]

Remove ads

Filmografía

Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads