Sidney Lumet
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Sidney Lumet, nado en Filadelfia o 25 de xuño de 1924 e finado en Nova York o 9 de abril de 2011, foi un director, produtor e guionista de cine, teatro e televisión estadounidense. Foi nomeado ao Oscar ó mellor director catro veces, polos seus filmes Doce homes sen piedade (1957), A tarde dun día de cans (1975), Network, un mundo implacable (1976) e Veredicto final (1982).
Remove ads
Traxectoria
Lumet foi un dos directores de cine máis prolíficos, realizando máis dunha película ao ano dende o seu debut en 1957. Principiou a súa carreira como director en Broadway, chegando a ser posteriormente director en televisión. O seu primeiro traballo cinematográfico, Doce homes sen piedade é considerado o seu mellor filme. Entre os temas das súas numerosas películas atopamos adaptacións de novelas, comedias negras ou dramas baseados en sucesos reais, como a sonada Serpico (1973).
En 2005 recibiu o Oscar honorífico polos seus "brillantes servizos aos guionistas, realizadores e á arte do cinema en xeral". En 2007 rodou o seu derradeiro filme Before the Devil Knows You're Dead (literalmente, Antes de que o diaño saiba que estás morto).
Remove ads
Filmografía destacada
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads