Antonio Machado
poeta español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Antonio Machado Ruiz, nado en Sevilla o 26 de xullo de 1875 e finado en Collioure, Francia, o 22 de febreiro de 1939, foi un poeta español da xeración do 98.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Remove ads
Traxectoria
Fillo de Antonio Machado Álvarez, naceu no seo dunha familia de tradición liberal, un ano despois que o seu irmán Manuel, tamén poeta. En 1883 trasladouse coa súa familia a Madrid, onde estudou na Institución Libre de Enseñanza, en 1889 pasou a estudar en institutos oficiais, a partir de 1885 coa morte do seu avó, catedrático de universidade, viuse obrigado a realizar diversos oficios. En 1899 viaxou co seu irmán Manuel a París e entrou en relación cos poetas simbolistas, Jean Moréas, Paul Fort e Paul Verlaine.
De volta a España traballou como autor teatral e obtivo o título de bacharelato. En 1901 publicou os seus primeiros poemas na revista Electra e ao ano seguinte fixo unha nova viaxe a París, onde coñeceu a Rubén Darío. En 1903 publicou o seu primeiro libro, Soledades e seguiu a colaborar con diversas publicacións: Helios, Blanco y Negro, Alma Española. En 1907 publicou a versión definitiva do seu primeiro libro: Soledades. Galerías. Otros poemas e aprobou as oposicións a profesor de francés con destino en Soria. O 30 de xullo de 1909 casou con Leonor Izquierdo.
En 1911 marchou cunha bolsa de estudos a París, pero ao lle ser diagnosticada tuberculose á súa dona volveu a España; ao ano seguinte apareceu Campos de Castilla e morreu a súa dona o 1 de agosto, tras o que Machado pediu o cambio de destino para Baeza. En 1915 comezou estudos de filosofía e letras na Universidade e apoiou os aliados na Primeira guerra mundial. En 1916 apareceu unha nova edición de Campos de Castilla con, entre outros, poemas dedicados a Leonor. Entre 1919 e 1931 foi profesor de francés en Segovia, alí participa na Liga de Dereitos Humanos local. En 1927 entrou na Real Academia Española e en 1931 trasladouse a vivir a Madrid. Activo defensor da República, logo do alzamento contra esta trasladouse a vivir a Valencia e en 1938 pasou a Barcelona. Coa desfeita da República Machado cruzou a fronteira francesa e morreu o 22 de febreiro de 1939 en Collioure.
Remove ads
Obra

Por data de publicación:[1][2]
Poesía
- 1903 - Soledades: poesías
- 1907 - Soledades. Galerías. Otros poemas
- 1912 - Campos de Castilla
- 1917 - Páginas escogidas
- 1917 - Poesías completas
- 1917 - Poemas
- 1918 - Soledades y otras poesías
- 1919 - Soledades, galerías y otros poemas
- 1924 - Nuevas canciones
- 1928 - Poesías completas (1899-1925)
- 1933 - Poesías completas (1899-1930)
- 1933 - La tierra de Alvargonzález
- 1936 - Poesías completas
- 1937 - La guerra (1936-1937)
- 1937 - Madrid: baluarte de nuestra guerra de independencia
- 1938 - La tierra de Alvargonzález y Canciones del Alto Duero
Prosa
- 1936 - Juan de Mairena (sentencias, donaires, apuntes y recuerdos de un profesor apócrifo)
- 1957 - Los complementarios (publicada en Buenos Aires por Editorial Losada).[3]
- 1994 - Cartas a Pilar (edición de G. C. Depretis, en Madrid con Anaya-Mario Muchnik).
- 2004 - El fondo machadiano de Burgos. Los papeles de AM (Institución Fernán González, Burgos ).[4]
Teatro
(con Manuel Machado)
- 1926 - Desdichas de la fortuna o Julianillo Valcárcel
- 1927 - Juan de Mañara
- 1928 - Las adelfas
- 1930 - La Lola se va a los puertos
- 1930 - La prima Fernanda
- 1932 - La duquesa de Benamejí
- 1932 - Teatro completo, I, Madrid, Renacimiento.
- 1947 - El hombre que murió en la guerra (homenaxe en Buenos Aires)
(adaptacións de clásicos, en colaboración)
- 1924 - El condenado por desconfiado, de Tirso de Molina (con José López Hernández).[5]
- 1924 - Hernani, de Victor Hugo (con Francisco Villaespesa).[6][7]
- 1926 - La niña de plata, de Lope de Vega (con José López Hernández).
Remove ads
Notas
- "Ediciones de Antonio Machado". abelmartin.com. Consultado o 23/9/2017.
- "Antonio Machado. Cronología parcial de obras en el CVC". Centro Virtual Cervantes. Consultado o 23/9/2017.
- Recompilación póstuma a cargo de Guillermo de Torre
- Edición de A. B. Ibáñez Pérez.
- Estreada o 2/1/1924 en el Teatro Español de Madrid, con Ricardo Calvo como protagonista principal.
- Estreada o 1/1/1925 no Teatro Español de Madrid, pola compañía de María Guerrero e Fernando Díaz de Mendoza.
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads