Apio
especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O apio[1] (Apium graveolens) tamén chamado aipo e ampio[2] é unha especie vexetal pertencente á familia das apiáceas, antigamente coñecidas coma umbelíferas. É unha hortaliza empregada en cociña.


Remove ads
Descrición
Posúe talos estriados que forman un gran mata con follas acuñadas. Toda a planta ten un forte sabor agre, aínda que o branqueo dos talos no cultivo fai que perdan estas cualidades, adquirindo un sabor máis doce e o característico recendo que o converte nun bo ingrediente de ensaladas e sopas.
Pódese atopar todo o ano, aínda que os mellores aparecen polo outono e polo inverno.
Distribución
É orixinario da zona mediterránea.
Propiedades
![]() | Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O apio vense empregando dende tempos históricos tanto na cociña coma na medicina naturista. É unha das verduras que máis propiedades medicinais posúe [Cómpre referencia]. Pódese inxerir cru, cocido ou no seu zume. Vai ben combinado coa cenoria e o tomate; o zume axuda a calmar os nervios e é un bo remineralizante. A ensalada de apio cun pouco sal pode usarse eficazmente para combater o exceso de acidez do tubo dixestivo e aliviar a colite. A ensalada de apio e aguacate recoméndase en caso de doenzas do estómago e intestino.
Axuda ao corpo a se desfacer de impurezas a través da súa función diurética (polo seu contido nun aceite volátil, o apiol). Caracterízase por ser carminativo, sedante, aperitivo, dixestivo (que non implica dixestibilidade doada polo seu alto contido en fibra), emenagogo, depurativo, rexenerador sanguíneo e lixeiramente laxante. Axuda na formación do esmalte dentario. Diminúe as enfermidades hepáticas, combate as infeccións, axuda á eliminación de cálculos renais, mellora a memoria e en uso externo adoita comportarse como un cicatrizante. Disque inxerir esta planta axuda a aumentar a libido.
O zume é eficaz para eliminar o exceso de ácido úrico, combater o reumatismo, o sobrepeso, flatulencias, padecementos nerviosos e menstruación escasa.
As sementes provocan unha maior diurese, sendo a cocedura destas útil en caso de hipertensión arterial, afección cardíaca conxestiva, ansiedade e insomnio. Así mesmo, a infusión das sementes de apio resulta beneficiosa para combater a síndrome premenstrual que produce incomodidades pouco antes da menstruación por mor á acumulación de líquido nos tecidos.
Precaucións
Os diuréticos poden esgotar o potasio e outros sales minerais almacenados no organismo, polo que as persoas que os usan deben comer alimentos con elevado contido de potasio, como bananas e verduras frescas, para substituír os sales minerais que se perden pola acción dos diuréticos.
Contraindicacións
Polo seu efecto emenagogo cómpre evitar consumir apio en calquera das súas formas durante a gravidez.
Remove ads
Valor nutritivo
O apio resulta moi positivo na dieta humana por mor ao seu alto contido de fibra dietética, vitaminas e minerais, ademais de ser considerado un bo diurético pola súa alta porcentaxe de auga.
Composición (cada 100 g)
- Enerxía: 57 kJ (13,62 kcal)
- Proteína: 0,7 g
- Graxa: 0,29 g
- Glícidos: 3 g
- Azucres: 1,4 g
- Fibra: 1,6 g
- Vitamina C: 3 mg
É rico en minerais:
Ademais é rico en:
Contén grandes cantidades de auga e celulosa.
A cebola contén, ademais do aceite etéreo, amidón, azucres, colina, tirosina, glutamina, asparraxina e vitamina B-1 e B-2 que son necesarias para a función nerviosa e muscular. Polos seus compoñentes, o zume de apio restitúe o corpo despois de xornadas de exercicio intenso ou febres.
Remove ads
Enfermidades
- Septoria apiicola (aparecen tacas amarelas nas follas que acaban morrendo).
Taxonomía
Apium graveolens foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 264–265. 1753.[3]
|
|
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads