Apuleio
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Apuleio (Lucius Apuleius en latín), nado en 123 ou 125 e finado en 180, foi un escritor latino de orixe bérber.
Remove ads
Traxectoria

O asno de ouro.
Naceu en Madaura, colonia romana de Numidia, fillo dun dun maxistrado provincial. Apuleio formouse en Cartago e posteriormente en Atenas, onde estudou a filosofía platónica. Despois de ser iniciado no culto de Isis, marchou a Roma para estudar oratoria latina. Máis adiante viaxou por Asia Menor e Exipto estudando a súa filosofía e relixión.
Acusado de usar a maxia para conseguir os favores e riquezas dunha viúva, fíxose cargo da súa propia defensa, coñecida como a Apoloxía, onde demostra o seu sentido de humor.

O asno de ouro (ou Metamorfoses) é a única novela en latín que sobreviviu enteiramente, é unha obra imaxinativa, irreverente e divertida que relata as aventuras de Lucio, que durante un dos seus experimentos coa maxia, convértese nun asno; baixo esta aparencia oe e ve gran número de cousas estrañas, ata que Isis devólveo á forma humana. Unha interpolación desenvolve a fábula de Psique e Cupido.
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Apuleio ![]() |
Bibliografía
- "Apuleio, Lucio". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 173. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Lucio Apuleyo". Copia arquivada. Enciclopedia Microsoft Encarta (DVD) (en castelán). Microsoft Corporation. 2009. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2009. Consultado o 11 de decembro de 2022.
Outros artigos
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads