Bérberes

From Wikipedia, the free encyclopedia

Bérberes
Remove ads

Os bérberes[16] (en bérber: ⵉⵎⴰⵣⵉⵖⵏ Imaziɣen, singular: ⴰⵎⴰⵣⵉⵖ Amaziɣ/Amazigh) son un conxunto de pobos do norte de África que falan linguas bérberes, da familia de linguas afroasiáticas. Estímanse en entre 14 e 25 millóns de persoas que falan estas linguas, principalmente en Marrocos, Alxeria, Melilla e Tunisia mais tamén fan parte deste grupo os tuaregs, predominantemente nómades do Sáhara.

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...

De acordo cos rexistros máis antigos, os bérberes foron os primeiros habitantes desta rexión, chegando a dominar o Exipto antigo arredor do 945 a.C. Existen entre 25 e 30 millóns de bérberes no norte de África que aínda falan as linguas bérberes,[1] a maioría deles viven en Marrocos, Alxeria, Libia, Tunisia, o norte de Malí e o norte de Níxer.[2] Existen pequenas comunidades bérberes en Mauritania, Burkina Faso e na vila de Siwa, en Exipto. Crese que a maioría da poboación do norte de África ó oeste de Exipto é de orixe bérber, malia que por mor da arabización e a islamización algúns bérberes étnicos identifícanse como bérberes arabizados.[17] Existen grandes comunidades de bérberes inmigrantes residindo en Francia, España, o Canadá, Bélxica, os Países Baixos, o Reino Unido, Italia e outros países de Europa.[18][19]

Thumb
Bandeira bérber, o símbolo de todos os pobos bérberes.
Remove ads

Nome

O termo bérber provén do grego grego: βάρβαρος (barbaros pl. βάρβαροι barbaroi) que quere dicir bárbaro. Nun principio foi aplicado polos romanos para designar especificamente aos seus veciños abranguendo dende Xermania (a moderno Alemaña) os celtas, os iberos, os galos, os góticos e os tracios. Entre os rexistros escritos máis antigos do termo, bérber aparece como un etónimo na obra do século I Periplo do Mar Eritreo.[20]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads