Arcadi Espada
xornalista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Arcadi Espada Enériz, nado en Barcelona en 1957, é un escritor e xornalista español. Coñecido nos seus primeiros anos como Arcadio Espada, licenciouse en Ciencias da Información na Universidade Autónoma de Barcelona en 1981.
Remove ads
Traxectoria
Actividade profesional
Dende 1977 colaborou en diversos medios xornais como Mundo Diario, El Noticiero Universal, La Vanguardia, Diario de Barcelona, El País ou El Mundo. Dende novembro de 2010 até febreiro de 2011 foi director do Instituto Ibercrea.[1] Escribe diariamente no blog El Mundo por dentro.[2] Colabora no programa de Onda Cero Más de Uno. É Premio Francisco Cerecedo (2000) e premio Cidade de Barcelona de Literatura (por Contra Catalunya) e Espasa de Ensayo 2002 (por Diarios). Entre os seus mestres máis queridos atópase Josep Pla, ó cal dedicou diversas investigacións sobre a súa vida e obra, incluído un ensaio sobre o diario que escribiu entre 1965 e 1968 e que foi publicado de xeito póstumo co título Notes per a un diari.
O proxecto Factual
Dende 2009 e até o 27 de xaneiro de 2010, día no que presentou a súa dimisión, foi director do xornal dixital Factual.[3] A súa saída debeuse, segundo as súas palabras, «ó recorte que pretende aplicar a empresa ó orzamento de funcionamento e ás súas discrepancias co modelo e a orientación do xornal».[4] «O único que me comunicou a empresa é que o xornal que eu facía lle parecía moderno de máis, demasiado intelectual e demasiado educado e eu funme do xornal porque eu quería facer iso».[5] Coa saída de Espada, un bo número de redactores e colaboradores, entre eles a directora adxunta, Cristina Fallarás, saíron tamén.[6]
Actividade política
Na súa mocidade, durante a transición, foi militante do PSUC.[7] Máis tarde, definiuse a si mesmo como «socialdemócrata».[8]
É un dos promotores da plataforma cívica Ciutadans de Catalunya, que promoveu a creación dun partido político, Cidadáns-Partido da Cidadanía (C's), no que non se integrou. Foi moi crítico co líder de C's, Albert Rivera, de cuxa reelección chegou a dicir que era unha «mala nova».[9] Ó longo de 2007, dende que se tivo noticia da creación da Plataforma Pro, Espada apoiou activamente a creación do partido Unión Progreso e Democracia (UPyD), a cuxo acto de presentación en Madrid asistiu o 29 de setembro de 2007. Durante o verán de 2014 promoveu a creación do movemento Libres e Iguales, a cuxo manifesto se presentou o 15 de xullo na escalinata do Congreso dos Deputados.[10]
En agosto de 2018 foi identificado polos Mossos d'Esquadra xunto a outras sete persoas por pintar con spray vermello un lazo amarelo colocado nunha rotonda da localidade de L'Ametlla de Mar.[11]
Remove ads
Premios
- 1997: Premio Ciutat de Barcelona de Literatura en lingua castelá, por Contra Catalunya.[12]
- 2000: Premio de periodismo Francisco Cerecedo.[13]
- 2002: Premio Espasa de Ensaio, por Diarios
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads