John Lasseter

director, guionista e produtor de animación estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

John Lasseter
Remove ads

John Alan Lasseter, nado no barrio de Hollywood (Os Ánxeles) o 12 de xaneiro de 1957, é un director, guionista, produtor e o creativo xefe de Pixar Animation Studios, Walt Disney Animation Studios e DisneyToon Studios. Tamén é o axudante creativo de Walt Disney Imagineering.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Lasseter naceu en California. A profesión da súa nai, Jewell Mae (nada Risley; 1918–2005), que era profesora de arte nun instituto, contribuíu a que se sentise atraído pola animación. Decidiu que quería que esta fose a súa ocupación tras ver The Sword in the Stone.[2]

En 1975 deixou a Universidade Pepperdine e entrou no California Institute of the Arts (CalArts). Tivo entre os seus compañeiros a Brad Bird, John Musker, Henry Selick, Tim Burton e Chris Buck.[3][4][5] Durante este tempo produciu dúas curtametraxes animadas, Lady and the Lamp (1979) e Nitemare (1980).[6]

Graduouse en 1979, conseguindo deseguida traballo como animador en Walt Disney Feature Animation.[7] Tras ver algunhas secuencias do filme Tron, comezou a falar de realizar un filme de animación por ordenador.

Tras ser despedido de Disney, empregou os seus contactos para entrar en Lucasfilm Computer Graphics Group, logo renomeada como Pixar. Tralo seu divorcio, George Lucas viuse obrigado a vendela e Pixar pasou a ser unha compañía independente da man de Steve Jobs en 1986. Tras varias curtametraxes de éxito, en 1995 Lasseter dirixiu Toy Story, primeira longametraxe realizada integramente por ordenador.

En 2006 Lasseter volveu á Disney como creativo xefe de Pixar e Walt Disney Animation Studios.

O 2 de maio de 2009, Lasseter recibiu doutoramento honorario da Universidade de Pepperdine, onde pronunciou o discurso de graduación.

As súas influencias incluyen a Walt Disney, Chuck Jones, Frank Capra, Hayao Miyazaki e Preston Sturges;[8] e a súa película favorita é Dumbo de Walt Disney.[9] 

O 21 de novembro de 2017, anunciou que se tomaba un permiso de ausencia de seis meses tras recoñecer os "erros" no seu comportamento con empregados da empresa nunha nota realizada para o persoal.[10] 

Remove ads

Filmografía

Longametraxes

Máis información Ano, Título ...

Curtametraxes

Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads