Augas da Coruña

empresa municipal de auga da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia

Augas da Coruña
Remove ads

Empresa municipal Augas da Coruña, S.A. (oficialmente en castelán Empresa Municipal Aguas de La Coruña, S.A. - EMALCSA) é unha empresa pública que abastece de auga potable ó concello da Coruña, e a súa área metropolitana. Inscrita no Rexistro Mercantil desta mesma cidade o 7 de xullo de 1978, absorbeu á antiga abastecedora Aguas de La Coruña S.A. fundada en 1908. A empresa ten un patrimonio valorado en 2013 en 58,3 millóns de euros[3].

Datos rápidos Emalcsa, Tipo ...

A auga que fornece EMALCSA provén do encoro de Cecebre e potabilízase no lugar da Telva (Cambre). O ciclo da auga remata na EDAR de Bens. En 2013 a compañía vendeu o 31 % da EDAR de Bens, da que posuía o 100 % do capital, aos concellos de Oleiros (8 %), Culleredo (8 %), Arteixo (8 %) e Cambre (7 %).

A empresa é propiedade do Concello da Coruña ao 100%, factura máis de 20 millóns de euros ao ano cun beneficio de máis de 2 millóns de euros. Emalcsa foi accionista de R Cable e financia Smart City. Os maiores clientes particulares da empresa son Hijos de Rivera e Begano que consomen case a metade da auga.

A empresa ten depósitos de auga nos barrios de Eirís, Monte Alto, Penamoa, O Ventorrillo e Almeiras (Culleredo).

Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads