Cambre
concello da comarca da Coruña, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Cambre é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2019) ten 24.648 habitantes (23.621 no 2010, 23.231 no 2009, 22.513 no 2007, 22.092 no 2006, 21.523 no 2005, 20.919 no 2004). O xentilicio é cambrés/-esa.[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cambre.
Remove ads
Xeografía
O concello ten unha superficie de 40,7 km², e abrangue 12 parroquias. Forma parte da rexión histórica das Mariñas dos Freires, caracterizada por unha sucesión de áreas achanzadas con vales moi suaves, sendo a altitude máxima de 130 m. Pertence á zona de influencia marítima, se ben a única parroquia con costa é O Temple. Está atravesado de leste a oeste polo río Mero, que alimenta o encoro de Cecebre.
O municipio ten clima oceánico húmido, con temperaturas son suaves e precipitacións altas. A humidade relativa do aire é elevada, cun índice superior ao 75 %. A vexetación é hidrófila, con bosques e fragas de carballos, piñeiros e eucaliptos.
Integrado na comarca da Coruña, sitúase a 16 km da capital coruñesa. O termo municipal está atravesado pola autovía A-6 entre os pk 575 e 583, ademais de pola autoestrada AP-9, que une A Coruña con Portugal, pola estrada N-550, alternativa convencional á anterior, pola AC-214, que une a N-VI coa N-550, e por outras estradas locais que permiten a comunicación entre as parroquias. En canto á comunicación ferroviaria, o concello conta con dous apeadoiros, un localizado na parroquia de Cambre e outro na de Cecebre; ambos situados na liña férrea de largo ibérico que une León con A Coruña.[2][3]
Limita ó norte con Oleiros, ó nordeste con Sada, ó leste con Bergondo e Abegondo, ó sur con Carral e ó oeste con Culleredo.
Demografía

Evolución da poboación de Cambre Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
6.722 | 7.805 | 8.011 | 9.181 | 20.919 | 23.621 | 23.649 | 23.879 | 23.999 | 24.029 | 24.076 | 24.141 | 24.348 | 24.603 | 24.648 | 24.594 | 24.635 | 24.739 | |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Remove ads
Historia
Consérvanse antas neolíticas nos límites co concello de Carral. Consérvase un petróglifo no castro de Sigrás. Tamén se conservan restos dos castros de Pravio, Armental, e Fraís, todos eles de tipoloxía clásica: construídos nun outeiro, cun poboado de casas circulares rodeado dun muro defensivo.[4] Posiblemente o concello, actual vía de paso da ruta inglesa do camiño de Santiago, xa fose percorrido por unha antiga vía romana que unía A Coruña e Betanzos.
Remove ads
Cultura e deporte
Topónimo
O topónimo da vila que dá nome ao concello, Cambre, podería ser de orixe prerromana. O seu significado referiríase a unha poboación ligada a unha altura, unha fortificación ou a un límite entre territorios.[5][6][7]
Patrimonio
Patrimonio arquitectónico
- Vila romana de Cambre, datada entre os séculos II e IV. Foi atopada accidentalmente durante unha obra en 1998.[8][9]
- Igrexa de Santa María de Cambre: monumento do século XII.
- Tramo do Camiño Inglés (Camiño de Santiago).
- Museo Arqueolóxico (cos restos da Vila romana de Cambre e o seu centro de interpretación).[10]
- Villa Florentina, actual casa museo de Wenceslao Fernández Flórez, situada en San Salvador de Cecebre e dirixida pola Fundación Wenceslao Fernández Flórez.[10]
- A escultura de O Paraugas, construída entre 1945 e 1949 e situada nunha rotonda no Temple preto da ponte medieval do Burgo.[11]En 2014, no marco de obras realizadas pola Xunta de Galicia para mellorar a seguridade viaria, a escultura tivo que ser demolida (pois non puido ser conservada debido ó seu mal estado de conservación), para ser posteriormente substituída por unha réplica realizada en materiais máis resistentes á degradación.[12]
- Casa Arrigada, casa modernista de 1912 da que se descoñece o arquitecto. Describe unha planta rectangular con planta baixa e dous andares. A fábrica é de cemento revocado e está pintada de verde e ocre. Os balcóns e cornixas aparecen finamente decorados: os motivos fundamentais son habituais do modernismo a saber, naturais (exaltación da natureza), musicais e figuras alegóricas.[13] Actualmente funciona como Casa da Xuventude e unha das sedes da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).[14]
- Casa Bailly: Vivenda modernista no Graxal (parroquia do Temple) con dous corpos divididos en dúas alturas, de andar case cadrado, con faiado e soto. Orixinalmente a mansión, que posuía 22 habitacións, formaba parte dun complexo que se atopaba dentro dun terreo con 30.000 metros cadrados. Contaba tamén cunha vivenda para o chofer e o xardineiro.[15]
Patrimonio natural
- Contorno do río Mero.
- Encoro de Cecebre, que é unha zona especial de conservación (ZEC). Construíuse en 1975 na confluencia entre o río Mero e o río Barcés.
- Paisaxes que se estenden entre Cecebre e Bribes, que coas súas fragas inspiraron ó escritor, periodista e humorista coruñés Wenceslao Fernández Flórez a escribir a famosa novela El bosque animado (1943), que inspirou á súa vez a varias películas de título homónimo como a de José Luis Cuerda de 1987 (El bosque animado) e a de animación de Ángel de la Cruz e Manolo Gómez de 2001 (O bosque animado).
Eventos culturais
- Rock in Cambre: Festival de música rock celebrado anualmente no mes de agosto dende 1992. A entrada é de balde.[16][17]
- Galaicoi: Romaría de temática Castrexo-Romana anual celebrada por primeira vez no ano 2016.[18] Entre as actividades que se realizan, destaca a representación de batallas entre romanos e castrexos do século I d.C. Durante o evento, as asociacións do concello poden solicitar ocupar unha das múltiples cabanas que se erixen en representación do poboado castrexo.[19][20]
- Open Science: Feira de ciencia aberta organizada anualmente dende 2018 pola asociación xuvenil Xente de Ciencia, vencellada ó IES David Buján.[21][22] Ó encontro acuden estudantes de institutos de secundaria galegos e internacionais, así como distintas asociacións adicadas á investigación e divulgación científica.[23]
Deporte
Os equipos deportivos máis destacados son o Sporting Cambre, o Club Ciclista de Cambre, o Brexo-Lema S.D., Once Caballeros C.F. do Temple, Club Baloncesto Cambre, Towers Football, Hockey Club Cambre, entre outros.[24]
Remove ads
Administración e política
Eleccións municipais 2023
O Pleno de Cambre consta de 21 escanos. Nas eleccións municipais de 2023 a forza máis votada foi Unión por Cambre (UxC), que obtivo 3370 votos e 7 concelleiros. Ademais de UxC obtiveron representación o Partido Popular de Galicia (PPdeG) (2423 votos, 5 concelleiros), Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE) (1728 votos, 4 concelleiros), Bloque Nacionalista Galego (BNG) (1492 votos, 3 concelleiros) e Alternativa dos Veciños (AV) (en cuxa lista se integraran Olga Santos e Loreto Taibo, números un e dous respectivamente na lista de Esquerda Unida nas eleccións anteriores)[25] (1182 votos, 2 concelleiros).[26] Nestas eleccións quedaron sen representación VOX (426 votos), Unidade Local (405 votos), Podemos Galicia (170 votos), Cidadáns-Partido da Cidadanía (168 votos) e AEQUALITATEM (16 votos).[27]

Na actualidade, o partido que goberna é o PP, con Diana Piñeiro Fernández na alcaldía[28], quen tomou o cargo en minoría tras as sucesivas dimisións do alcalde electo, Óscar García Patiño[29], e da súa substituta María Pan Lesta, ambos de UxC.[30][31]
Remove ads
Parroquias

Lugares de Cambre
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cambre vexa: Lugares de Cambre.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Cambre.
- Ponte da ría do Burgo.
- Paseo marítimo.
- Muller mariscadora,
obra de Xabier Correa Corredoira. - O Paraugas, escultura ó lado da ponte do Burgo.
- Placa altimétrica
na casa do concello. - Casa do concello de Cambre
- Igrexa de Santa María de Cambre,
fachada. - Igrexa de Cambre,
vista posterior. - Igrexa de Cambre,
tímpano da fachada. - A Barcala, Cambre.
- Imaxe de Cambre.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads