Autacoide
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os autacoides son factores biolóxicos que actúan como hormonas de efecto local, por un tempo breve, sempre preto do sitio onde foron sintetizadas,[1] e non son transportadas por vía sanguínea. Estas moléculas regulatorias tamén se metabolizan localmente. Por tanto, prodúcense, actúan e metabolízanse localmente [2]. Como son hormonas locais teñen un efecto parácrino. Todo isto diferénciaos das hormonas normais, as cales poden liberarse moi lonxe de onde actúan, viaxan por vía sanguínea e está moi regulada a súa produción. A palabra autacoide procede do grego "autos" e "acos" e significa "autoalivio", "autorremedio".
Exemplos importantes de autacoides son: eicosanoides (como prostaglandinas, tromboxanos ou leucotrienos), anxiotensina, neurotensina, NO (óxido nítrico), cininas, histamina, serotonina, endotelinas, palmitoiletanolamida etc.
Os autacoides poden ter moitas funcións biolóxicas, como regular o fluxo sanguíneo local, a homeostase e os procesos inflamatorios. Algúns autacoides caracterízanse principalmente polo seu efecto sobre o músculo liso. Sobre o músculo liso vascular poden ser tanto vasoconstritores coma vasodilatadores.[3] Durante os períodos de exercicio poden liberarse autacoides vasodilatadores; o seu principal efecto é sobre a pel, facilitando a perda de calor.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads