Avatar

encarnación terrestre dun deus no hinduísmo From Wikipedia, the free encyclopedia

Avatar
Remove ads

Avatar (do sánscrito avatāra, que significa 'descenso') no hinduísmo, refírese á encarnación terrestre dunha deidade ou un deus. O termo emprégase con frecuencia para describir as distintas encarnacións de Vishnu, unha das principais deidades do hinduísmo, como Krishna, que se considera a oitava avatar de Vishnu.[1]

Datos rápidos Localización, Identificadores ...
Thumb
Catro avatares de Vishnu. De esquerda a dereita: Kalki, Buda, Krishna e Rama) expostos no Museo Internacional de Bonecos de Shankar, Delhi, India.
Remove ads

Tipos de avatares no hinduísmo

No contexto do hinduísmo, os avatares adoitan clasificarse baseándose na súa natureza e propósito, destacándose os Dasavatara ou os dez avatares principais de Vishnu, que inclúen a figuras como Krishna (o pastor divino), Rama (o príncipe virtuoso), e Buda ou Siddhartha Gautama (o iluminado), que se menciona en algúns textos como un avatar de Vishnu que veu para proporcionar un camiño cara á paz e a comprensión.[2]

Na tradición hindú, hai dez encarnacións principais ou avatares de Vishnu, coñecidos como o Dasavatara. Alén dos xa mencionados Krishna, Rama e Buda, os sete avatares restantes son:[3]

  • Matsya - O peixe, a primeira encarnación de Vishnu, que salvou a Manu do diluvio.
  • Kurma - A tartaruga que axudou a soster o monte Mandara, que se usou como eixo central durante a batalla entre devas e asuras para obter o amrita, o néctar da inmortalidade.
  • Varaha - O xabaril que rescatou a terra (personificada como a deusa Bhu Devi) das augas do océano.
  • Narasimha ou Narasinga - O home-león que derrotou ao demo Hiranyakashipu para protexer ao seu devoto Prahlada.
  • Vamana - O anano que enganou ao rei Bali para recuperar o control dos ceos, da terra e do inframundo.
  • Parashurama - O guerreiro con machado que derrotou aos guerreiros kshatriya que se desviaron do camiño do dharma.
  • Kalki - O décimo avatar futuro de Vishnu, que se di que chegará ao final do Kali Yuga montado nun cabalo branco para destruír a maldade e restaurar a orde e a moralidade.

Kapila e Vyasa, aínda que son figuras importantes dentro do hinduísmo e ás veces se lles atribúe un status divino ou sagrado, non son tipicamente listados como parte do grupo principal do Dasavatara. Kapila é recoñecido como o gran sabio que fundou a filosofía do Samkhya, e Vyasa é coñecido como o compilador dos Vedas e autor do Mahabharata, onde o Bhagavad Gita está contido como parte da narrativa.[4][5][6]

Thumb
Dasavatar, s. XIX, Acuarela e ouro sobre papel. Andhra Pradesh. Os dez avatares principais de Vishnu: dende a esquerda: Matsya, o peixe salvador; Kurma, a tartaruga celestial; Varaha, o xabaril divino; Narasimha, o poderoso home-león; Vamana, o anano xigante; Parashurama, o guerreiro co machado; Rama, o príncipe heroico; Balarama, o forte arado; Krishna, o pastor deus; e Kalki, o futuro redentor a cabalo

Avataras

Os Avataras poden ser de dous tipos: manusíacos e bodhisátvicos.[Cómpre referencia] Os manusíacos considéranse avataras organizadores, exemplo deles son Rómulo e Remo, Moisés, Mahoma, Zoroastro, Manco Kapac. Así estes avatares crean civilizacións que elevan o ser humano. Os bodhisátvicos, do sánscrito satwa (equilibrio interior) son avatares fundadores de relixións ou camiños espirituais. Exemplo destes son Buda, Xesús, Tunupa ou Lao Tsé.[Cómpre referencia]

Finalmente poden considerarse os avatares non encarnados, seres que coidan e protexen a humanidade.[Cómpre referencia]

Remove ads

En galego

Na lingua galega, o termo avatar (en plural "avatares") adquiriu o significado de 'fases', 'vicisitudes' ou 'cambios' na vida dunha persoa, tal como se recolle no DRAG.[7] O bUSCatermos tamén recolle o seu significado relativo ao uso nas personificacións ou disfraces.[8]

Uso moderno

Fóra do contexto relixioso, a palabra avatar adoptou un novo significado nas tecnoloxías da información e en Internet, onde se emprega para referirse á representación gráfica dun usuario, xa sexa a través dunha imaxe ou ilustración.[9]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads