Krishna

deus hindú, encarnación de Vishnu From Wikipedia, the free encyclopedia

Krishna
Remove ads

Krishna (en sánscrito: कृष्ण, Kṛṣṇa) é unha das deidades fundamentais do hinduísmo. É adorado como o oitavo avatar de Vishnu e tamén como o Deus supremo por dereito propio.[1] É o deus da protección, a compaixón, a tenrura e o amor[2][3][4] e é unha das máis populares e veneradas das divindades indias.[5] O aniversario de Krishna celébrano cada ano os hindús no Krishna Janmashtami segundo o calendario lunisolar hindú, que cae a finais de agosto ou principios de setembro do calendario gregoriano.[6][7]

Datos rápidos Tipo, Venerado por ...

As anécdotas e as narracións da vida de Krishna normalmente chámanse Krishna Leela. É unha personaxe central no Mahabharata, no Bhagavata Purana, no Brahma Vaivarta Purana e no Bhagavad Gita, e é mencionado en moitos textos filosóficos, teolóxicos e mitolóxicos hindús.[8] Retrátano en varias perspectivas: un neno-deus, un bromista, un amante modelo, un heroe divino e como o ser supremo universal.[9] A súa iconografía reflicte estas lendas e móstrano en diferentes etapas da súa vida, como un bebé que come manteiga, un rapaz tocando a frauta, un rapaz con Radha ou rodeado de mulleres devotas ou como un carreteiro amigable que lle dá consello a Arjuna.[10]

O nome e os sinónimos de Krishna remontánse á literatura e aos cultos do primeiro milenio a.C.[11] Nalgunhas subtradicións, Krishna é adorado como Svayam Bhagavan (o Deus Supremo) e ás veces coñécese como krishnaísmo. Estas subtradicións xurdiron no contexto do movemento bhakti da época medieval. [12][13] A literatura relacionada con Krishna inspirou numerosas artes do espectáculo como Bharatanatyam, Kathakali, Kuchipudi, Odissi e a danza Manipuri.[14][15] É un deus panhindú, mais é venerado especialmente nalgúns lugares como Vrindavan en Uttar Pradesh,[16] Dwarka e Junagadh en Gujarat; o aspecto Jagannatha en Odisha, Mayapur en Bengala Occidental;[12][17][18] en forma de Vithoba en Pandharpur, Maharashtra, Shrinathji en Nathdwara en Rajasthan,[12][19] Udupi Krishna en Karnataka,[20] Parthasarathy en Tamil Nadu e Guruvayoorappan en Guruvayoor en Kerala.[21] Desde a década de 1960, o culto a Krishna tamén se estendeu ao mundo occidental e a África, en gran parte debido ao traballo da Sociedade Internacional para a Conciencia de Krishna (ISKCON).[22]

Remove ads

Nomes e etimoloxía

O nome "Krishna" procede da voz sánscrita Kṛṣṇa, que é principalmente un adxectivo que significa "negro", "escuro" ou "azul escuro".[23] A lúa minguante chámase Krishna Paksha, relacionado co adxectivo que significa "que se escurece".[23] O nome tamén se interpreta ás veces como "todo atractivo".[24]

Como un nome de Vishnu, Krishna é listado como o 57.º nome no Vishnu Sahasranama. Baseado no seu nome, Krishna, ás veces represéntase coma un ídolo de pel negra ou azul. Krishna tamén se coñece con outros nomes, epítetos e títulos que reflicten as súas moitas asociacións e atributos. Entre os nomes máis comúns están Mohan "encantador"; Govinda "xefe gandeiro",[25] Keev "bromista" e Gopala "protector do Go", que significa "alma" ou "as vacas".[26][27] Algúns nomes para Krishna teñen importancia rexional; Jagannatha, que se atopa no templo de Puri, é unha encarnación popular no estado de Odisha e rexións próximas da India oriental.[28][29][30]

Krishna pode tamén referirse a Vāsudeva-Krishna, Murlidhar e Chakradhar. O título honorario "Sri" ou "Shri" adoita empregarse diante do nome de Krishna.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads