Azolla pinnata
especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Azolla caroliniana é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas e orde das salviniales, e familia das salviniáceas, un dos sete comprendidos no xénero Azolla.[2]
É un pequeno fieito acuático flotante orixinario do sueste asiático e da África oriental. Posúe, como as demais especies do xénero, unha alga simbionte (unha cianobacteria do xénero Anabaena, A. azollae) que fixa o nitróxeno.
Convive frecuentemente con lentellas de auga, outras plantas acuáticas flotantes pertencentes ao xénro Lemna, da familia das aráceas.
Como outras salviniáceas é unha planta invasora.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A especie foi descrita en 1810 polo médico, cirurxián e botánico escocés Robert Brown, na súa obra Prodromus florae Novae Hollandiae et Insulae van Diemen: 167.[3][4]
Etimoloxía
Para a do xénero, véxase Azolla.
O epíteto específico, pinnata, á a forma feminina singular do adxectivo latíno pinnātus, -a, -um, "alada", "provista de aletas", de pinna, "á", en referencia aquí aos folíolos das frondes.[5]
Nota taxonómica
Anteriormente, ou ás veces aínda hoxe en día, algúns autores consideran o xénero como o único da familia das azoláceas (Azollaceae).[6][7] Pero esta familia non é admitida polo WoRMS,[8] e outras bases de datos e, a maioría dos autores, incluén o seu único xénero na familia das .
Subespecies
Na especie recoñécense as tres subespecies seguintes:[3]
- Azolla pinnata subsp. africana (Desv.) R.M.K.Saunders & K.Fowler
- Azolla pinnata subsp. asiatica R.M.K.Saunders & K.Fowler
- Azolla pinnata subsp. pinnata R.Br.
Remove ads
Características
Azolla pinnata ten un aparello vexetativo que lle permite flotar na superficie da auga a través dunha rede de raíces en forma de fío. Na auga doce estancada quentada polo sol do verán, esta planta forman núcleos de poboación que, ao xerminaren, se expanden e crecen até cubrir todo un corpo de auga. Poden formar unha alfombra de un ou dous centímetros de grosor que non deixa pasar a luz. Son entón causantes de anoxia (falta case total de oxíxeno nun tecido ou nas células dun organismo).
Remove ads
Hábitat e distribución
Azolla pinnata áchase nun amplo abano de hábitats, incluíndo pantanos de papiros, en ríos lentos e en campos de arroz descoidados, así como en solos húmidos e bancos de area nos ríos, charcas e lagoas e os seus arredores.[1]
É común nas rexións tropicais do mundo, e colonizou moitas zonas de todos os continentes, incluída Australia.
Encóntrase en África e en Madagascar, na India, no sueste asiático, na China, o Xapón e Malaisia.[1]
Cando está presente en gran cantidae é unha das causas posíbleis da eutrofización.
Usos
Azolla pinnata alberga como simbionte nas súas frondes unha cianobacteria do xénero Anabaena (A. azollae) que fixa para ela nitróxeno. Por iso foi utilizada (e aínda hoxe se utiliza) como fertilizante verde nos cultivos de arroz.[9][10].
Galería
- Azolla pinnata
- Superficie de auga cuberta por estes mini fieitos flotantes.
- Azolla pinnata (esquerda) e A. japonica.
- Azolla pinnata.
- Azolla pinnata flotando na augs dunha zona encharcada.
- Área de distribución de Azolla pinnata ssp. asiatica na India.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads