Azulenta alpina
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A azulenta alpina (Prunella collaris) é unha ave paseriforme da familia Prunellidae[2] visible en ladeiras rochosas e prados de alta montaña. En inverno, a súa área de distribución é máis ampla, incluíndo altitudes menores. A súa cabeza é gris, o peteiro amarelado, as ás escuras e unha parte inferior e lateral riscada avermellada. Pola forma e comportamento, parécese ao Prunella modularis, pero en maior tamaño.

A súa voz é en reclamo curto, tipo gorxeo, errático, cando está pousado ou en voo.
O seu niño é herbáceo, en fendas rochosas, con 3-5 ovos que pon en dúas niñadas, de maio a agosto.
Aliméntase peteirando no chan pequenos insectos, arácnidos, bagas e sementes.
A súa distribución é a alta montaña de Serra Nevada, Pireneos e Alpes; localmente, aparece en Italia e os Balcáns. Nos cumes do Mulhacén ou Catavento, resulta rechamante o seu comportamento extremadamente confiado ante a presenza do home.
No inverno pode acadar a costa, aínda que isto é moito máis raro.
Remove ads
Subespecies
Recoñécense as seguintes subespecies:[2]
- Prunella collaris collaris
- Prunella collaris subalpina
- Prunella collaris montana
- Prunella collaris rufilata
- Prunella collaris whymperi
- Prunella collaris nipalensis
- Prunella collaris tibetana
- Prunella collaris erythropygia
- Prunella collaris fennelli
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads