Washington Wizards
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os Washington Wizards son un equipo profesional de baloncesto con sede en Washington, D.C.. Son parte da División Sueste da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Actualmente o equipo xoga no Capital One Arena, pavillón situado no barrio de Chinatown da capital dos Estados Unidos, con capacidade para 20.356 espectadores.
Fundados no ano 1961 co nome de "Bullets" (do inglés: balas), a franquía pasou por Chicago e Baltimore antes de chegar a Washington, D.C. En 1997 deciden mudar o seu nome a "Wizards" (magos) para evitar que a imaxe da cidade se vise asociada á criminalidade. O maoir éxito do club foi a consecución do campionato da NBA na temporada 1977−78, finalizando ademais como subcampión ao ano seguinte. Algúns dos xogadores máis destacados que pasaron polo club son Earl Monroe, Elvin Hayes, Gus Johnson e Wes Unseld, que teñen o seu dorsal retirado polo club, e Michael Jordan, considerado por moitos o mellor xogador da historia.[1]
Remove ads
Historia
Comezos
Os Wizards comezaron a súa andaina na temporada 1961−62 co nome de Chicago Packers.[2] Na seguinte temporada mudaron ao seu nome polo de Zephirs, e á seguinte trasladáronse á cidade de Baltimore, Maryland, adoptando o nome de Baltimore Bullets. A pesar de ter escollido ese nome, o equipo non tiña ningunha relación coa antiga franquía dos Bullets das décadas de 1940 e 1950. No seu primeiro ano en Baltimore acabaron na cuarta posición da División Oeste. Antes de comezar a temporada 1964−65, os Bullets fixeron un gran traspaso ao mandar a Terry Dischinger, Rod Thorn e Don Kojis aos Detroit Pistons a cambio de Bailey Howell, Don Ohl, Bob Ferry e Wali Jones, xogadores que axudaron a que os Bullets acadasen por primeira vez os playoffs. Nas eliminatorias gañaron aos St. Louis Hawks en primeira rolda por 3-1, para posteriormente caer ante Los Angeles Lakers na final da Conferencia Oeste por 4-2.[3]
Remove ads
Pavillóns
- International Ampitheatre (1961–1962)
- Chicago Coliseum (1962–1963)
- Baltimore Civic Center (1963–1973)
- US Airways Arena (orixinalmente Capital Centre) (1973–1997)
- Capital One Arena (anteriormente MCI Center e Verizon Center) (1997–presente)
Xogadores
Xogadores actuais
Dorsais retirados
Remove ads
Tempadas
Campións da NBA | Campións de Conferencia | Campións de División | Clasificación para Playoffs |
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads