Beatrice Straight
actriz estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Beatrice Whitney Straight, nada en Old Westbury (Nova York) o 2 de agosto de 1914 e finada nos Ánxeles o 7 de abril de 2001 foi unha actriz estadounidense.
Remove ads
Traxectoria
Nada nos Estados Unidos, tiña catro anos cando o seu pai morreu de gripe mentres participaba na primeira guerra mundial. Tralo novo matrimonio da súa nai, toda a familia marchou a Inglaterra, onde foi educada e onde comezou a actuar en obras teatrais. De volta ao seu país, debutou en Broadway en 1939.
Straight era membro de Actors Studio e tamén apareceu nos primeiros anos da televisión. Porén, a súa presenza no cinema foi menos habitual, destacando a súa interpretación en Network, un mundo implacable (1976), coa que gañou o Oscar á mellor actriz secundaria. Neste filme aparece tan só cinco minutos e corenta segundos, o que a converte na interpretación máis curta que gañou un Oscar.[1]
Tras anos sufrindo o alzhéimer finou de pneumonía aos oitenta e seis anos.
Remove ads
Filmografía
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads