Óscar á mellor actriz secundaria

From Wikipedia, the free encyclopedia

Óscar á mellor actriz secundaria
Remove ads

O Oscar á mellor actriz secundaria é unha as categorías dos Premios Oscar que cada ano entrega a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas nos Ánxeles (California). Entrégase para premiar actrices con interpretacións destacadas en papeis non protagonistas na industria do cinema. O premio adoita ser entregado polo gañador do Óscar ao mellor actor secundario da edición anterior.

Datos rápidos Datas e cronoloxía, Características ...

Na cerimonia da 9ª edición dos Óscar que tivo lugar en 1937, Gale Sondergaard foi a primeira gañadora polo seu papel en Anthony Adverse.[1] Inicialmente, os gañadores nas categorías de interpretación secundaria recibían placas no canto de estatuas.[2] A partir da 16ª edición, celebrada en 1944, os gañadores reciben estatuas de tamaño normal.[3]

Dianne Wiest e Shelley Winters recibiron o maior número de premios, gañando en dúas ocasións. A pesar de non gañar nunca o premio, Thelma Ritter foi candidata en seis ocasións, máis que ningunha outra actriz.

Remove ads

Galardoadas por ano

Thumb
Gale Sondergaard foi a primeira gañadora nesta categoría por Anthony Adverse (1936).
Thumb
Hattie McDaniel gañou polo seu papel de Mammy en Foise co vento (1939), converténdose na primeira intérprete de raza negra que gañou un Óscar.[2]
Thumb
Polo seu papel en Sayonara (1957), Miyoshi Umeki foi a primeira muller asiática que gañou un Óscar nunha categoría interpretativa.
Thumb
Shelley Winters gañou en dúas ocasións nesta categoría, por The Diary of Anne Frank (1959) e A Patch of Blue (1965).
Thumb
Con dez anos, Tatum O'Neal é a candidata e gañadora máis nova nesta categoría, polo seu papel en Lúa de papel (1973).
Thumb
Meryl Streep recibiu catro candidaturas nesta categoría, e gañou por Kramer vs. Kramer (1979).
Thumb
Con 77 anos, Peggy Ashcroft converteuse na gañadora de máis idade na categoría por A Passage to India (1984).
Thumb
Dianne Wiest gañou polas súas interpretacións en Hannah e as súas irmás (1986) e Balas sobre Broadway (1994), ambos dirixidos por Woody Allen.[4]
Thumb
Cate Blanchett gañou por interpretar a Katharine Hepburn en The Aviator (2004), co que se converteu na primeira gañadora dun Óscar por interpretar a unha gañadora real dun Óscar.
Thumb
Monique Imes, Oscar
á mellor actriz secundaria, 2009.
Thumb
Tilda Swinton, Oscar
á mellor actriz secundaria, 2007.
Thumb
Jennifer Hudson, Oscar
á mellor actriz secundaria, 2006.
Thumb
Rachel Weisz, Oscar
á mellor actriz secundaria, 2005.
Thumb
Catherine Zeta-Jones, Oscar
á mellor actriz secundaria, 2002.
Thumb
Marisa Tomei, Oscar
á mellor actriz secundaria, 1992.

En letra grosa as que obtiveron o premio en máis dunha ocasión.

Máis información Ano, Gañador ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads