Network, un mundo implacable

filme de 1976 dirixido por Sidney Lumet From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Network, un mundo implacable (en inglés: Network) é un filme dramático satírico estadounidense de 1976, dirixido por Sidney Lumet e protagonizado por Faye Dunaway, William Holden, Peter Finch e Robert Duvall. Foi galardoado con catro premios Oscar: mellor actor (Finch, con carácter póstumo), mellor actriz (Dunaway), mellor actriz secundaria (Beatrice Straight) e mellor guión orixinal (Paddy Chayefsky). A interpretación de Straight ocupa só 5 minutos e 2 segundos, a máis breve de todos os intérpretes gañadores do Oscar.[1] O filme gañou tamén catro premios Globo de Ouro: mellor actor e actriz de drama (Finch e Dunaway), mellor director (Lumet) e mellor guión (Paddy Chayefsky) e un premio BAFTA ao mellor actor (Peter Finch).

Datos rápidos Autoría, Temática ...

En 2000, Network, un mundo implacable foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.[2]

Foi emitido na TVG o 16 de novembro de 1994.[3]

Remove ads

Argumento

Un locutor de noticias dunha cadea de televisión estadounidense é despedido pola baixa audiencia do programa. Anuncia entón que vai cometer suicidio en directo. Por esta razón os índices de audiencia volven crecer e pasa a ser coñecido como o profeta tolo e é readmitido.

Porén, o seu comportamento louco fai que os responsables do seu ascenso decidan detelo.

Elenco

  • Faye Dunaway .... Diana Christensen
  • William Holden .... Max Schumacher
  • Peter Finch .... Howard Beale
  • Robert Duvall .... Frank Hackett
  • Wesley Addy .... Nelson Chaney
  • Ned Beatty .... Arthur Jensen
  • Arthur Burghardt .... Grande Ahmed Kahn
  • Bill Burrows .... diretor da televisão
  • John Carpenter .... George Bosch
  • Jordan Charney .... Harry Hunter
  • Kathy Cronkite .... Mary Ann Gifford
  • Ed Crowley .... Joe Donnelly
  • Jerome Dempsey .... Walter C. Amundsen
  • Conchata Ferrell .... Barbara Schlesinger
  • Gene Gross .... Milton K. Steinman
  • Beatrice Straight .... Louise Schumacher
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads