Bergey's Manual of Systematic Bacteriology

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Bergey’s Manual of Systematic Bacteriology (Manual de bacterioloxía sistemática de Bergey, moitas veces abreviado como manual de Bergey ou BMSB) é un libro que é a principal fonte utilizada para a determinación da identidade das especies de bacterias, utilizando as diversas caractrerísticas que as distinguen.

Este manual foi sucesor do anterior Bergey's Manual of Determinative Bacteriology (Manual de bacterioloxía determinativa de Bergey), a pesar de que este último aínda se segue publicando como unha guía para a identificación de bacterias descoñecidas.[1] O manual de Bergey foi publicado por primeira vez en 1923 por David Hendricks Bergey, e utilízase para clasificar as bacterias baseándose nos seus atributos funcionais e estruturais para situalas en familias e ordes específicas. Este proceso fíxose cada vez máis empírico nos últimos anos.[2]

O Taxonomic Outline of Bacteria and Archaea (Perfil Taxonómico de Bacterias e Arqueas) é unha publicación derivada que indexa os nomes de taxons da versión 2 do manual.[3] Adoitaba estar dispoñible gratis desde a web do trust do manual de Bergey ata setembro de 2018.[4] A Universiddade do Estado de Michigan proporciona unha versión alternativa que indexa nexistros de NamesforLife.[5]

O BMSB de cinco volumes foi oficialmente substituído polo Bergey's Manual of Systematics of Archaea and Bacteria (BMSAB), un libro on line continuamente actualizdo, desde 2015.[6]

Remove ads

Organización da obra

Desde 1980 empezouse a taballar nun cambio no libro, mudando o formato en varios volumes e cun novo estilo no que se incluían as "relacións entre organismos" e cun "alcance expandido" no seu conxunto. Este novo estilo foi presentado nun conxunto de catro volumes,[7] dos cales se publicou o primeiro en 1984. A información que contiña cada volume foi distribuída así:

  • Volume 1, que incluía información de todos os tipos de bacterias gramnegativas que se considera que teñen "importancia industrial ou médica."
  • Volume 2, que incluía información sobre todos os tipos de bacterias grampositivas.
  • Volume 3, que trataba o resto das bacterias gramnegativas lixeiramente distintas do grupo principal, e tamén as arqueas.
  • Volume 4, que contiña a información sobre actinomicetos filamentosas e outras bacterias similares.[8]

Despois, a obra sufriu máis modificacións. Os volumes actuais diferéncianse drasticamente dos volumes anteriores en que moitos dos taxons superiores non están definidos en termos de fenotipo, senón só baseándose na filoxenia do ARNr 16S, como é o caso das claes de Proteobacteria.[9]

A distribución actual dos volumes é a seguinte:

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads