Bitcoin

criptomoeda From Wikipedia, the free encyclopedia

Bitcoin
Remove ads

O bitcoin[1] (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto.[2] Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis.[3]

Datos rápidos Nome curto, Instancia de ...

É a moeda alternativa máis empregada[4] cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin[5] regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede. Hai nodos que se dedican a crear e a verificar bitcoins mediante operacións matemáticas que requiren gran capacidade de potencia de cálculo. Está establecido que non haberá máis de 21 millóns de bitcoins, cifra á que se calcula chegar no ano 2140.[6]

Remove ads

Historia

Dende a década de 1970, a utilización de sinaturas dixitais baseadas en criptografía asimétrica proporcionou un forte control de propiedade.[7] Sobre a base da criptografía asimétrica, en 1998 Wei Dai describiu a b-Money[8] como unha solución descentralizada ó problema dos pagamentos electrónicos. Posteriormente, Nick Szabo e Hal Finney estenden e complementan o traballo de Wei Dai.

En 2008, Satoshi Nakamoto publica un artigo na lista de criptografía de metzdowd.com no que describe o protocolo.[9]

O 3 de xaneiro de 2009, a rede Bitcoin entra en funcionamento coa publicación do primeiro cliente, de código aberto, e a creación dos primeiros bitcoins. Até a invención de Bitcoin, era obrigado que todos os pagamentos no comercio electrónico se canalizasen a través de entidades centralizadas de confianza,[10] polo xeral bancos e outras empreses financeiras, que xestionaban o seguimento de todas as transaccións.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads