Blue Jasmine

filme de 2013 dirixido por Woody Allen From Wikipedia, the free encyclopedia

Blue Jasmine
Remove ads

Blue Jasmine é un filme estadounidense de 2013 escrito e dirixido por Woody Allen. O filme conta a historia dunha antiga "socialité" de Manhattan (Cate Blanchett) que cae en desgraza e vese obrigada a mudarse coa súa irmá de clase traballadora (Sally Hawkins) ó seu apartamento en San Francisco. O filme tivo unha estrea limitada na cidade de Nova York o 26 de xullo de 2013, antes de estrearse en todo o país o 23 de agosto de 2013.

Datos rápidos Autoría, Temática ...

Blue Jasmine recibiu boas valoracións por parte da crítica, particularmente pola actuación de Blanchett.[1][2] Blanchett gañou o Óscar á mellor actriz, e Hawkins e Allen foron nomeados a mellor actriz secundaria e mellor guión orixinal, respectivamente. Blanchett tamén gañou o Globo de Ouro, o Premio do Sindicato de Actores á mellor actriz e o BAFTA polo seu papel. O filme foi un éxito de recadación, conseguindo 97,5 millóns de dólares sobre un orzamento de 18 millóns.[3][4]

Remove ads

Personaxes

  • Cate Blanchett como Jeanette "Jasmine" Francis
  • Sally Hawkins como Ginger, irmá de Jasmine
  • Alec Baldwin como Hal Francis, marido de Jasmine
  • Peter Sarsgaard como Dwight Westlake, prometido de Jasmine
  • Louis C.K. como Al Munsinger, amante de Ginger
  • Andrew Dice Clay como Augie, exmarido de Ginger
  • Bobby Cannavale como Chili, prometido de Ginger
  • Michael Stuhlbarg como Dr. Flicker, o dentista para o que traballa Jasmine
  • Alden Ehrenreich como Danny Francis, fillastro de Jasmine
  • Tammy Blanchard como Nora, amiga de Jasmine nos Hamptons
  • Max Casella como Eddie, amigo de Chili
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads