Bomba (explosivo)
arma explosiva From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Unha bomba é un obxecto explosivo que libera a súa enerxía moi rapidamente. Esta detonación provoca unha gran onda de choque. A maioría das bombas non conteñen máis enerxía que o combustible común, excepto no caso dunha arma nuclear, pero son moi potentes ao liberar a súa enerxía dese xeito "explosivo". Adoita ser un tipo de recipiente cheo de material explosivo deseñado para destruír cousas e foron usadas desde hai séculos. Algunhas delas arroxan perigosos fragmentos metálicos chamados "metralla"[1] e algunhas son bombas incendiarias.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bomba.


Os materiais explosivos utilizados na minería funcionan do mesmo xeito, pero normalmente non se chaman bombas.
Remove ads
Etimoloxía
A palabra "bomba" ten unha orixe incerta, mais adoptouse nas linguas románicas peninsulares a partir do francés bombe e do italiano bomba. Estas á súa vez poden derivar do latín bombus, que significa "zunido de abellas".[2]
O termo está relacionado co grego antigo βóμβος (bómbos), que tamén significa "ruído forte" ou "zunido".[3] Bombyliós designaba insectos como moscas ou abellas, e ten unha orixe onomatopeica relacionada co son que fan ao voar.[4] Da mesma orixe son os termos taxonómicos bómbice (de βόμβυξ, bómbux), bombina, bombus e bombinos entre outros.
En varias linguas derivadas do indoeuropeo consérvanse palabras semellantes, como o vocábulo lituano antigo bumbet, que significa "zunido" ou o termo escandinavo bumba, que se traduce como "tambor".
Remove ads
Usos
O seu significado principal como proxectil cargado de material explosivo, ten diversas acepcións; as forzas aéreas envían bombardeiros para destruír obxectivos inimigos. Os terroristas usan bombas en ataques suicidas ou en atentados etc.
Outros usos do termo
A palabra "bomba" ten outros usos:[5]
- Como sinónimo de foguete ou artificio pirotécnico.
- No ámbito figurado, úsase para referirse a unha nova explosiva ou impactante.
- No contexto técnico, refírese a unha máquina que serve para trasfegar, extraer ou elevar fluídos por aspiración ou compresión.
Outros termos derivados
Da palabra "bomba" tamén se derivan outros termos:
- Bombear: impulsar un fluído usando unha bomba hidráulica, e de aí bombeiro.
- Bombardear: botar bombas explosivas desde un avión bombardeiro.
- Bombilla: ampola ou tubo delgado.
- Bombín: sombreiro en forma de fungo.
- Bombacho e bombacha: pantalón ancho.
- Bombo: tambor grande e bombardino (instrumento de vento metal)
- Bombón: chocolate pequeno, ás veces recheo
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads