Braunschweig
cidade da Baixa Saxonia (Alemaña) From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Braunschweig (en baixo alemán: Brunswiek) é unha cidade alemá situada no estado federado da Baixa Saxonia, onde é a segunda cidade máis poboada por tras de Hannover. Dividido polo río Oker o seu centro histórico alberga o castelo Dankwarderode e as esculturas coa heráldica de Henrique o León, como o león de bronce da praza da Catedral de St. Blasii, única estatua de bronce ao norte dos Alpes na súa época.[1]
A cidade está situada a 67 km de Hannover e a 40 km de Wolfsburg.
Remove ads
Historia e características
Esta cidade da Baixa Saxonia foi o centro económico do Imperio en tempos da Revolución Industrial e foco económico e cultural durante o Renacemento onde se estrearon Fausto I de Goethe e a traxedia de Lessing Emilia Galotti.
Cidade ata o seu falecemento de Henrique o León. Foi el quen a introduce como socia da Liga Hanseática e isto elévaa a núcleo comercial europeo.[2]
O río Oker era navegábel e selaba o tráfico de mercadorías dos ríos Aller e Weser, o comercio de Bremen e o do Mar do Norte. Braunschweig chega a ser unha das cidades máis poboadas ao norte das montañas do Harz e convértese en residencia dos güelfos, entre 1753 e 1754, ordéase a construción do palacio da cidade, actual Biblioteca Municipal, Arquivo e Instituto Cultural.
Esta foi a cidade do poeta Gotthold Ephraim Lessing atè a súa morte, autor de máis relevancia durante a Ilustración e influente na literatura alemá.[3]
A cidade conta cun estadio de baloncesto, o Volkswagen Halle, sede do equipo local Basketball Löwen Braunschweig, competidor da Bundesliga desde o ano 2000.
Remove ads
Cidades irmás
Imaxes
- Centro de negocios da cidade de Braunschweig
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads