Wrocław
capital do Voivodia da Baixa Silesia, no suroeste da Polonia From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Wrocław (en alemán Breslau, en checo Vratislav, en latín Wratislavia ou Vratislavia) é a capital do Voivodia da Baixa Silesia no suroeste da Polonia, está situada ás beiras do río Oder (en polaco Odra). Despois de Varsovia, Wrocław é o segundo maior centro financeiro da Polonia. No ano 2004, a cidade tiña unha poboación estimada de 633.700 habitantes.
Remove ads
Etimoloxía
O primeiro rexistro da cidade data do ano 1000, aparecendo na crónica de Thietmar, na que se menciona o establecemento dunha nova diocese por Johannes Wrotizlaensis, bispo de Wrotizla, (Wortizlawa). No primeiro selo municipal aparece o nome de: Sigillum civitatis Wracislavie, simplificándose e dando lugar en 1175 a Wrezlawe, o cal evolucionou a Prezla, Bresla(u=w).
Historia
Edad Media

Situada no antigo lugar de comercio e de cruzamento do río Oder, xunto ó cal o Rei de Bohemia Wratislaw erixiu un castelo no século X, dándolle o primeiro nome ó asentamento "Vratislavia" ou "Wratislaw", o lugar foi conquistado máis tarde polo Rei de Polonia, Mieszko I, na última década dese mesmo século. En 1138 converteuse na capital do ducado independente de Silesia baixo a dinastía Piast. Durante a invasión dos mongois en 1241 o asentamento foi saqueado e incendiado, fuxindo a maior parte da súa poboación ou refuxiándose no castelo, que non puido ser tomado por falta de tempo.
A partir de entón o pobo foi citado en varios documentos baixo os nomes de Bresslau, Presslau, Breslau e Wratislaw.
Brelavia foi, como toda Silesia, obxecto dunha intensa colonización alemá na Idade Media, sobre todo trala súa destrución polos mongois en 1241. Por iso a cidade entón refundada e os seus monumentos arquitectónicos teñen un claro sinal xermano. En 1262 a Lei Magdeburgo empezouse a aplicar na cidade refundada. A primeira ilustración da cidade apareceu na Crónica de Nuremburgo en 1493. A dinastía Piast era unha rama independente da casa reinante en Polonia, que tiña numerosos vínculos familiares e culturais co imperio xermánico. Debido á baixa densidade de poboación en Silesia e ós escasos asentamentos humanos, esta dinastía propiciou e fomentou o asentamento de colonos alemáns.
Predecesor:![]() ![]() |
![]() Capital Europea da cultura xunto con ![]() 2016 |
Sucesor:![]() ![]() |
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads