Cártamo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O cártamo[1], Carthamus tinctorius, é unha planta herbácea de talo abrancazado, follas coriáceas, lanceoladas e espiñentas, flores avermelladas en capítulos e sementes ovadas de cor branca, da que se utilizan as flores desecadas como colorante alimentario e as sementes para a obtención de aceite[2]. En Galicia aparece cultivada, sendo o cártamo silvestre (Carthamus lanatus) a única especie brava de igual xénero (Carthamus)[3].


Este artigo trata sobre unha especie. Para o xénero botánico véxase: Carthamus.
Remove ads
Descrición
As plantas acadan os 30 a 150 cm de altura con capítulos florais globulares e comunmente, de cores brillantes amarela, laranxa ou vermella, floreando en pleno verán. Cada póla trae dun a cinco capítulos con cadansúas 15 a 20 sementes. Son moi resistentes á seca e bastante susceptíbeis ás xeadas.
Usos
Tradicionalmente, o cultivo destinábase á industria do colorante (amarelo e vermello), de especias, especialmente antes do abaratamento e dispoñibilidade da anilina, e en medicinas.[4] Desde 1950, a planta cultívase para aceite vexetal extraído das súas sementes. Os países con maior produción de aceite de cártamo no mundo son México, India e Estados Unidos. A seguir Etiopía, Kazakhstán, China, Arxentina e Australia.
En nutrición é semellante ao aceite de xirasol. Moi usado como aceite de cociñar, en ensaladas, e para producir margarinas. Consómese tamén coma suplemento nutricional. Na Nomenclatura INCI es Carthamus tinctorius.
As flores de cártamo úsanse ocasionalmente na gastronomía coma un substituto barato do sasafrán (Crocus sativus), referíndose logo coma "sasafrán bastardo". Tamén as súas sementens úsanse comunmente como alternativa ás sementess de xirasol (Helianthus annuus) na alimentación de aves e mamíferos xa que os esquíos non gustan del. O cártamo denomínase kardi en lingua hindi (India).
Hai dous tipos de cártamo que producen diferentes tipos de aceite: un alto en ácido graxo monoinsaturado (ácido oleico) e outro alto en ácido graxo poliinsaturado (ácido linoleico). O mercado do aceite acepta os baixos en saturados e máis altos en monoinsaturados que o aceite de oliva, por exemplo.
O aceite de cártamo úsase en pinturas no canto do aceite de liñaza, particularmente co branco, xa que non dá a tintura amarela que posúe a liñaza.
Remove ads
Propiedades
Estudos recentes demostraron que o cártamo mellora a glucemia, a inflamación e os lípidos sanguíneos en pacientes obesos.[5]
O aceite de cártamo posúe propiedades laxantes e hipolipemiantes; as poliínas exercen unha acción nematicida e coma antifúnxico; o arctiósido é aperitivo e eupéptico. Os aquenios presentan unha acción purgante. Na India utilízase, a xeito de fretas, coma analxésico.
Indicado para hiperlipidemias, hipercolesterolemias, ateroesclerose, prevención de tromboembolismos. Estrinximento. Parasitose intestinal. En uso tópico: dermatomicose.[6]
Na Medicina tradicional chinesa: fígado e corazón. Para a dor por mor da estase do sangue, coma a menstrual, abdominal, de costado ou de peito. Non usar durante a gravidez.[7]
Valor nutricional
Cártamo (sementes enxugadas )
- kJ= 2165
- proteínas= 16.18 g
- graxas= 38.45 g
- glícidos= 34.29 g
- fibra =
- azucres =
- auga = 5.62 g
- calcio_mg= 78
- ferro_mg= 4.90
- magnesio_mg= 353
- fósforo_mg= 644
- potasio_mg= 687
- sodio_mg= 3
- cinc_mg= 5.05
- manganeso_mg=
- vitA_ug= 3
- betacaroteno_ug =
- vitC_mg= 0
- vitB1_mg= 1.163
- vitB2_mg= 0.415
- vitB3_mg= 2.284
- vitB5_mg=
- vitB6_mg= 1.170
- vitB9_mg= 160
- vitE_mg=
- vitK_ug=
- fonte_usda= 12021-
Historia
O cártamo é unha das culturas máis vellas da humanidade. As análises químicas de tecidos do Exipto Antigo datados na dinastía XII identificaron as tinturas de cártamo, e acháronse grilandas confeccionadas coa planta na tumba do faraón Tutankhamon.[8] Era un cultivo menor en 2007, con 630.000 t producidas comercialmente en máis de sesenta países.
Ecoloxía
A especie é o principal alimento das larvas da avelaíña Eublemma rivula.
Taxonomía
Carthamus tinctorius foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 830. 1753.[9]
O nome cártamo, e o derivado latinizado de Linné Carthamus, provén, a través do árabe «Kârtum», dunha raíz semítica significando «tintura», en alusión ás cualidades da planta.
tinctorius: epíteto latíno que significa "tintorio".
- Calcitrapa tinctoria
- Carduus tinctorius Ehrh.
- Carduus tinctorius (L.) Falk
- Carthamus glaber Burm.f.
- Carthamus tinctorius var. albus Alef.
- Carthamus tinctorius var. croceus Alef.
- Carthamus tinctorius var. flavus Alef.
- Carthamus tinctorius var. spinosus Kitam.
- Centaurea carthamus E.H.L.Krause[10]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads