C. Tangana

rapeiro español From Wikipedia, the free encyclopedia

C. Tangana
Remove ads

Antón Álvarez Alfaro, nado en Madrid o 16 de xullo de 1990, máis coñecido como C. Tangana, é un rapeiro español.[1][2][3]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Comezou a súa carreira musical en 2006 baixo o pseudónimo de Crema, sendo integrante do grupo Agorazein xunto con Sticky M.A. –antes coñecido como Manto–, Jerv.[4] Agz., Fabianni e I-Ace. O madrileño coroouse en 2017 dentro do panorama mundial co seu hit «Mala Mujer» (dobre Disco de Platino), ó que lle seguirían éxitos como «Llorando en la Limo» (Disco de Platino) e «Bien Duro» (Disco de Ouro).[5][6][7]

É coautor da canción «Malamente» interpretada pola súa exparella Rosalía, traballo que recibiu no ano 2018 dous premios Grammy Latinos.[8][9][10]

Relación con Galiza

É fillo dun vigués, e descendente de galegos, moitos deles da zona de Salvaterra, tanto por vía paterna como materna, desde hai séculos, como o seu 'noveno-avó' J. Álvarez de Puga, nado en 1680 en Arbo, aínda que algúns deles emigraron a Madrid no século XIX. Moitos dos seus antepasados foron militares, como Luís Antonio Álvarez de Puga, Capitán da Armada que loitou no século XIX contra Napoleón.[11][12]

Himno do Celta

En 2021 respondeu a un chío de Twitter de Radio Vigo para facer o himno do centenario, e en marzo de 2023 foi confirmado polo club.[13] En 2024 foi galardoado co premio Mestre Mateo polo seu videoclip do himno do Centenario do Real Club Celta de Vigo, "Oliveira dos cen anos", na categoría de Mellor Videoclip.[14][15]

Audiovisual

En 2024, dirixiu o seu primeiro documental (tamén foi produtor e guionista e participou na canción orixinal) que na XXXIX edición dos Premios Goya, recibiu 2 premios: mellor película documental e mellor canción orixinal.[16]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads