C5AR2
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O receptor do compoñente do complemento 5a 2 (C5aR2) é unha proteína do sistema do complemento que nos humanos é codificada polo xene C5AR2 do cromosoma 19.[1][2] Exprésase abundantemente no sangue e bazo,[3] predominantemente polas células mieloides.[4][5]
Remove ads
Función
As anafilotoxinas C3a e C5a son fragmentos dos compoñentes do complemento 3 (C3) e 5 (C5) xerados polo corte ou clivaxe proteolítica feito polas convertases de C3 e convertases de C5 durante a fervenza do complemento. Son mediadores proinflamatorios que se unen aos receptores de anafilotoxinas C3aR, C5aR1 e C5aR2. Os receptores de anafilotoxinas son unha familia de tres proteínas que pertencen á superfamilia do receptor acoplado á proteína G. C3aR e C5aR1 únense a C3a e C5a, respectivamente, o cal media unha ampla variedade de efectos na defensa do hóspede, como a quimioatracción, a vasodilatación e a activación de células inmunitarias.[6] C5aR2 únese a C5a, pero carece de actividade de receptor acoplado á proteína G,[7] e a súa función compréndese menos.
Inicialmente pensábase que C5aR2 era un receptor reclamo que actuaba como un sumidoiro para C5a para regular negativamente a función de C5aR1.[7] Porén, investigacións máis recentes descubriron funcións independentes de C5aR2, como a modulación da resposta inmunitaria innata en células mieloides,[8][9] a translocación de C5a para impulsar a migración transendotelial de neutrófilos,[10] o recrutamento de β-arrestina e modulación da sinalización ERK[11][12] e a modulación do metabolismo lipídico na obesidade pola unión de C3a-desArg.[13] C5aR2 foi implicado en moitas doenzas inflamatorias e infecciosas.[14][15]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads