CD18

proteína da superficie de certas células From Wikipedia, the free encyclopedia

CD18
Remove ads

O CD18 (cluster de diferenciación 18) ou integrina beta-2 é unha proteína da superficie de certas células, que nos humanos está codificada no xene ITGB2 do cromosoma 21.

Thumb
Integrina, beta 2 (parte), baseado en PDB 1
CD18
Identificadores
Símbolo ITGB2
Entrez 3689
OMIM

600065

UniProt P05107
Outros datos
Locus Cr. 21

É a subunidade beta de catro diferentes estruturas nas cales a cadea beta 2 está emparellada co CD11, que son:

As integrinas son proteínas integrais de membrana da superficie celular compostas por unha cadea alfa e outra beta. O produto do xene ITGB2A é a integrina beta cadea beta 2. Nas integrinas unha cadea pode combinarse con outras diversas cadeas orixinando así distintos tipos de integrinas. Por exemplo, a beta 2 combínase coa cadea alfa L para formar a integrina LFA-1, e combínase coa cadea alfa M para formar a integrina Mac-1. As integrinas participan na adhesión celular e na sinalización mediada pola superficie celular.[1] Nos humanos a carencia de CD18 causa a deficiencia de adhesión de leucocitos, unha doenza definida pola falta de extravasación de leucocitos do sangue aos tecidos.

Remove ads

Interaccións

O CD18 interacciona con ICAM-1,[2][3][4] FHL2,[5] PSCD1[6][7] e GNB2L1.[8]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads