Citidín difosfato
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O citidín difosfato ou difosfato de citidina, abreviadamente CDP, é un nucleósido difosfato formado polo nucleósido citidina esterificado con dous grupos fosfato en forma de pirofosfato. A molécula consta dun azucre ribosa unida á base nitroxenada citosina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' da ribosa e o nitróxeno en posición 1 da base, e un grupo de dous fosfatos esterificados no carbono 5' da ribosa, e unidos entre si por enlace anhidro.
Durante certas biosínteses de lípidos e glícidos o CDP únese a outras moléculas para enerxizalas. No metabolismo de lípidos intervén formando CDP-etanolamina, molécula que une a etanolamina a un diacilglicérido, formando fosfatidiletanolamina ; tamén forma a CDP-colina, que une a colina a un diacilglicérido, formando fosfatidilcolina. Tamén intervén unido a outra molécula, formando o CDP-metileritrol, na ruta de síntese de terpenos pola vía alternativa á do mevalonato. Na síntese do polisacárido celulosa nas plantas os restos de glicosa necesarios chegan unidos a un nucleótido difosfato, que varía segundo a especie, e que nalgunhas especies é a CDP-glicosa [1]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads