Citidina
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A citidina é un nucleósido formado pola unión da base nitroxenada pirimidínica citosina coa ribosa (ribofuranose) por enlace β-N1-glicosídico. Cando a citidina se une a un fosfato na posición 5' orixina o nucleótido CMP, que é compoñente do ARN.

Se a citosina se une á 2-desoxirribosa en lugar de á ribosa, orixina o nucleósido desoxicitidina. Cando a desoxicitidina se une a un fosfato en posición 5' orixina o nucleótido dCMP, que é compoñente do ADN.
Remove ads
Fontes de citidina na dieta
Abunda a citidina en alimentos cun alto contido en ARN,[1] como a carne de órganos (fígado), ou o lévedo de panadaría, e tamén nos alimentos ricos en pirimidinas, como a cervexa. Durante a dixestión, estes alimentos liberan ribosil pirimidinas (citidina e uridina), que se absorben intactas.[1] Nos humanos, a citidina da dieta convértese en uridina,[2] a cal é probablemente o composto que está detrás dos efectos metabólicos da citidina.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads