CD Projekt

empresa polaca de de videoxogos From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

CD Projekt é unha empresa polaca de distribución e desenvolvemento de videoxogos. A empresa foi fundada en maio de 1994 por Marcin Iwinski e Michał Kiciński. A compañía converteuse na primeira editora de Polonia en publicar software en CD e durante moito tempo foi a única empresa polaca especializada na publicación de videoxogos, editando nese país títulos de grande éxito internacional como Baldur's Gate, Icewind Dale e Planescape: Torment, dispoñibles en polaco.

Datos rápidos Implicados, Organizacións ...
Remove ads

Lanzamentos

En febreiro de 2002, CD Projekt fundou unha nova sección especializada no desenvolvemento de xogos (do xénero RPG, ata o momento), denominado CD Projekt RED. O primeiro videoxogo producido foi The Witcher, baseado na serie de libros escrita por Andrzej Sapkowski. Tamén en 2002, ampliaron o seu negocio de distribución á República Checa e Eslovaquia.

En xullo de 2008, inaugurou o seu servizo de distribución dixital Good Old Games (renomeado a GOG.com) especializado na venda de xogos clásicos de ordenador a escala internacional.

O 17 de maio de 2011 CD Projekt RED publicou The Witcher 2: Assassins of Kings, secuela de The Witcher.

O 30 de maio de 2012 CD Projekt anunciaron un novo xogo: Cyberpunk 2077, baseado no famoso xogo de rol de mesa dos 80. Posteriormente publicaron o 10 de xaneiro un teaser no que afirman que o xogo se lanzaría cando estivera terminado para asegurar a calidade do título. Ao final dese mesmo teaser inseriron unha pequena mensaxe na que se informou do avanzado estado de desenvolvemento doutro proxecto, mantido no máis absoluto secreto ata o momento. Días máis tarde confirma que este proxecto é The Witcher 3: Wild Hunt e anunciaron a súa data de saída o 19 de maio de 2015 para Windows e macOS e consolas de nova xeración.

O 10 de decembro de 2020 estrearon o Cyberpunk 2077, adaptación do xogo de rol Cyberpunk 2020.

Remove ads

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads