Calp
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Calp é un concello do País Valenciano situado na costa norte da provincia de Alacant, na comarca da Marina Alta. Ten 29.228 habitantes (INE 2008).
Na súa costa álzase maxestosamente o peñón de Ifach, unha mole rochosa de 332 m de altura. O devandito peñón é un dos símbolos da Costa Branca.
Remove ads
Xeografía
A referencia máis evidente da xeografía de Calp é o penedo de Ifach, declarado parque natural pola Generalitat Valenciana en 1987. O termo municipal presenta moitas praias e calas de moi boa calidade. Outro lugar importante constitúeo o parque natural das Salinas, das que antigamente extraeuse sal dende a época romana.
Economía e demografía
Tradicionalmente, foi unha poboación agrícola, que producía améndoas, pasas e algarrobas; a súa economía tamén se apoiaba na pesca e a extracción de sal das súas salinas, hoxe en día parque natural. Con todo, dende o século pasado (xa nos anos trinta veraneou en Calp Ernest Hemingway), sobre todo a partir dos anos 60 do século XX, converteuse nun municipio turístico, transformando a súa economía, o seu urbanismo e, en gran medida, a súa propia poboación.
No ano 2008, tiña 29.228 habitantes, dos cales un 62,8% era da inmigración, principalmente británicos (4.375 censados, un 15% del total del censo) e alemás (3.887, un 13% do censo).[1]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

