Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1988

From Wikipedia, the free encyclopedia

Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1988
Remove ads

O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1988 foi a 39ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 31ª Copa Internacional de Construtores de F1. O campionato contou con dezaseis Grandes Premios que se iniciaron o 3 de abril e finalizaron o 13 de novembro. O Campionato Mundial de pilotos gañouno Ayrton Senna, e o Campionato Mundial de Construtores gañouno facilmente o equipo McLaren-Honda. Alain Prost terminou como segundo clasificado aínda que no total logrou máis puntos que Senna porque só contaban os 11 mellores resultados. Senna gañou oito carreiras e Prost sete, establecendo McLaren unha marca de 15 carreiras gañadas nunha tempada de 16 carreiras, que só foi igualada en tempadas con máis carreiras. Ferrari e Gerhard Berger terminou terceiro no campionato de pilotos. A tempada de Ferrari viuse empanada pola morte do seu fundador Enzo Ferrari. O equipo fixo con todo un emocionante dobrete na súa carreira de casa en Italia, impedíndolle a McLaren facer unha tempada perfecta.

Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Thumb
O tricampión do mundo Ayrton Senna gañou o seu primeiro título en 1988.
Thumb
Ayrton Senna gañou o seu primeiro campionato mundial na súa primeira tempada en McLaren.
Thumb
Nun ano dominado por McLaren, Alain Prost foi derrotado polo seu compañeiro de equipo.
Thumb
Gerhard Berger rematou terceiro no campionato mundial de pilotos, e Ferrari foi subcampión no Campionato de Construtores, pero ambos estaban moi por detrás de McLaren e os seus pilotos
Remove ads

Resumo

Incriblemente, nas 14 carreiras que terminou Alain Prost en 1988 logrou sete vitorias e sete segundos lugares, pero, non foron suficientes para gañar o campionato. As súas vitorias totais igualaron a marca que só el mesmo igualara en 1984 (Jim Clark gañara 7 carreiras en 1963), cando tamén perdera o campionato do mundo entón en McLaren co seu compañeiro de equipo Niki Lauda. Con todo a diferenza lograda por Lauda, que logrou 5 vitorias, fora nos puntos totais que lle deron o seu 3º campionato, a marca de máis vitorias agora pertencía a Senna que terminou con oito vitorias. Senna tamén estableceu a marca de poles nunha soa tempada logrando o tempo máis rápido en trece ocasións durante o ano, terminou a tempada con 29 poles no total da súa carreira, só catro detrás da marca en poder do gran Jim Clark.

En Adelaida, o presidente da FOCA Bernie Ecclestone, resumiu a tempada dicindo que en realidade o que fixera McLaren non era nada máis que o seu traballo profesional habitual e que en realidade non fixera nada excepcional. Co turbo Honda tiñan claramente os mellores motores, e en Senna e Prost tiñan os dous mellores pilotos. O problema era que case todos os demais equipos estaban moi por baixo da media e os McLaren raramente foron desafiados.

Mentres que McLaren-Honda dominou a tempada 1988 da Fórmula Un como ninguén fixera antes, as regras da FIA de limitar o soprado do turbo nos coches e o tamaño do tanque de combustible tivo o efecto desexado de levar os coches atmosféricos á contenda. Isto demostrouse coa saída en primeira fila de Nigel Mansell no Brasil e Hungría, así como con tres 2º e oito 3º postos dos coches non-turbo, e en todas as ocasións que un coche non turbo terminou no podio, os únicos coches en acabar por diante deles foron os McLaren-Honda.

Remove ads

Pilotos e construtores

Lista completa de pilotos e construtores no campionato mundial de 1988

Máis información Equipo, Construtor ...
Remove ads

Calendario de Grandes Premios

Máis información Rolda, Carreira ...
Remove ads

Clasificación do Mundial de Pilotos de 1988

Máis información Pos, Piloto ...
  • Só os 11 mellores resultados contan para o Campionato. Prost logrou 105 puntos durante o ano, pero só 87 puntos foron tidos en conta para o campionato. Senna logrou 94 puntos, con 90 puntos validos para o campionato. Así, Senna converteuse no Campión do Mundo, a pesar de que non tivese unha puntuación maior de puntos durante o transcurso do ano.
Máis información Posto, Piloto ...
Remove ads

Clasificación do Mundial de Construtores de 1988

Máis información Pos, Construtor ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads