Benetton Formula

From Wikipedia, the free encyclopedia

Benetton Formula
Remove ads

Benetton Formula Ltd., coñecido simplemente como Benetton, foi un construtor de Fórmula Un que participou desde 1986 ata 2001. O equipo era propiedade da familia Benetton que dirixe unha cadea mundial de tendas de roupa do mesmo nome. No ano 2000, Renault comprou o equipo, pero competiu como Benetton nas tempadas 2000 e 2001. En 2002, o equipo converteuse en Renault. O equipo de Benetton Formula estivo presidido por Alessandro Benetton entre 1988 e 1998.[1]

Máis información Nome completo, Bandeira ...
Remove ads

Orixes

O Grupo Benetton entrou na Fórmula 1 como empresa patrocinadora do equipo Tyrrell en 1983, despois patrocinou a Alfa Romeo en 1984 e 1985 e, finalmente a Toleman en 1985. Toleman tivo dificultades en 1985, perdeuse as tres primeiras carreiras da tempada e viuse obrigado a participar cun único coche nas seguintes seis carreiras, como resultado dunha disputa cos provedores de pneumáticos. Teo Fabi conseguiu unha pole position para Toleman no Gran Premio de Alemaña, con todo o equipo non anotou puntos durante a tempada, a escasa fiabilidade provocou que os coches Toleman viran a bandeira a cadros só dúas veces dun total de 20 entradas.

Remove ads

Historia

Thumb
Thierry Boutsen pilotando un Benetton no Gran Premio do Canadá de 1988.
Thumb
O derradeiro Benetton de Fórmula 1, o B201 pilotado en 2009 por Jenson Button.

O Grupo Benetton entrou na Fórmula Un como unha empresa patrocinadora de Tyrrell en 1983, Alfa Romeo en 1984 e 1985 e, finalmente, Toleman en 1985. Benetton Formula Ltd. formouse a finais de 1985, cando á familia Benetton adquiríu o equipo Toleman. O equipo comezou con motores BMW e logo cambiaron a Ford, Renault e finalmente a Playlife.

Flavio Briatore dirixíu o equipo desde 1990 ata 1997. Rocco Benetton, o fillo menor de Luciano Benetton uniuse ao equipo como Xefe Executivo en 1998 e despediu a Briatore. Substituíuno o xefe de Prodrive David Richards, que só durou un ano, cando el tamén resultou despedido, debido a un desacordo coa familia Benetton sobre a estratexia de futuro. Tras a saída de Richards, Rocco Benetton dirixiu o equipo durante tres anos ata a súa venda a Renault.

O equipo Benetton é coñecido polos éxitos con Michael Schumacher, que obtivo 19 das 27 vitorias do equipo e dous campionatos de pilotos. Logo de cambiar aos motores de Renault, tamén gañou o campionato de construtores en 1995 con Schumacher e Johnny Herbert. Logo de 1995, Schumacher trasladouse a Ferrari xunto con Ross Brawn, Rory Byrne e outras 11 figuras clave das súas dúas tempadas como gañador do campionato con Benetton.

O 16 de marzo de 2000, o equipo vendeuse a Renault por 120 millóns de dólares estadounidenses. Como parte da súa reestruturación, Renault nomeou a Flavio Briatore xefe de equipo. O equipo aínda utilizaba os motores Playlife (aínda que descendentes dos motores Renault), que usaran durante os últimos dous anos. Os pilotos eran Giancarlo Fisichella e Alexander Wurz. O equipo anotou 20 puntos, así como 3 podios en 2000 en Brasil, Mónaco e Canadá.

Durante a súa última tempada no ano 2001 os pilotos, Jenson Button e Giancarlo Fisichella, atopábanse a miúdo nas dúas filas traseiras da grella. Isto atribúese en parte ao novo motor de 111-graos de ángulo amplo. Pero o desenvolvemento continuo deu a Benetton a posibilidade de deixar a Fórmula 1 puntuando, e aumentando o rendemento dos coches. Button e Fisichella, anotaron 10 puntos para o equipo, incluíndo un podio de Fisichella en Bélxica.

Remove ads

Controversia

Thumb
O Benetton B194 - Ford

Durante a tempada 1994, algúns equipos rivais afirmaron que Benetton atopara o xeito de violar a prohibición de axudas electrónicas imposta pola FIA, incluíndo o control de tracción e o control de arranque. Na investigación, a FIA descubriu software na "secuencia de arranque" (control de arranque) nos coches Benetton B194, e tamén unha variedade de software ilegal nos coches dos equipos rivais. A FIA non tiña probas da utilización do software, así que os equipos recibiron pouco ou ningún castigo. Non atopouse ningún software de control de tracción nos coches Benetton.

Nacionalidade

Thumb
Michael Schumacher pilotando un Benetton no Gran Premio do Reino Unido de 1995. Benetton gañou o Campionato de Construtores 1995 como un equipo británico

Benetton tivo licenza como equipo británico de 1986 a 1995 e licenza italiana de 1996 a 2001. A familia Benetton fixo este cambio de nacionalidade a fin de ter un equipo de F1 do seu propio país.[2][3][4] O equipo tivo base no Reino Unido todo o tempo.

Remove ads

Pilotos

Os pilotos de Benetton foron:

Remove ads

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) (resultados en letra grosa indican pole position; resultados en cursiva indicanvolta rápida)

Máis información Ano, Chasis ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads