Carlos II de Estiria

aristócrata austríaco From Wikipedia, the free encyclopedia

Carlos II de Estiria
Remove ads

Carlos II de Estiria ou de Austria-Estiria, nado o 3 de xuño de 1540 en Viena e finado o 10 de xullo de 1590 en Graz, arquiduque de Austria, duque de Estiria, Carintia e Carniola e conde de Goritz.

Remove ads

Biografía

Ascendencia

Fillo do emperador Fernando I e de Ana Jagiellon de Hungría e Bohemia, filla de Ladislau II, rei de Hungría e Bohemia.

Actuacións

Thumb
Retrato coa inscrición Carolvs D.G. Archidvx Avstria Dvx Bvrgvndia Siiria Carintia ZC Comes Tiroll et Goritia ZC MDIXXVI
Thumb
A Comuñón da Virxe ou A Familia do Archiduque Carlos de Estiria.

Sobre a relixión

A diferenza do seu irmán máis vello, o emperador Maximiliano II, Carlos era un católico convencido e promoveu a Contrarreforma, un exemplo da cal foi invitar aos xesuítas ao seu dominio. Tamén foi tolerante co protestantismo, como demostra a paz relixiosa de Bruck en 1572, que permitiu a liberdade de culto en Estiria, Carintia e Carniola.

Nos eidos militar e político

Despois de asumir o trono como emperador, o seu sobriño Rodolfo II, que máis tarde sería presa dun desequilibrio mental polo que foi encerrado no Castelo de Praga, cedeu o mando político ao seu irmán, o arquiduque Ernesto, e o mando militar ao seu tío, o arquiduque Carlos II. Encargado de defender os dominios hereditarios dos Habsburgo contra o Imperio Otomán, demostrou ser un comandante eficiente. Así se mostra, por exemplo, cando, por orde súa, se erixiu a fortaleza de Karlstadt (Karlovac) en Croacia, unha fortificación necesaria como liña de defensa contra os turcos.

Mecenados de Arte e Ciencia

Tamén Carlos II é lembrado principalmente como un benfeitor da arte e da ciencia: ademais de ser o protector de moitos artistas, especialmente do compositor Orlando di Lasso, fundou en 1585 a Universidade de Graz que leva o seu nome.[1] En 1580 montou nunha corte con cabalos de Xerez en Lipica, Eslovenia, orixe da raza equina lipizzana[2].

Pasamento

Morreu en Graz en 1590. O seu mausoleo na abadía de Seckau é unha importante obra do inicio do barroco. Foi iniciado en 1587 por Alessandro de Verda e rematado en 1612 por Sebastian Carlone, o Vello.

Matrimonio e descendencia

Casou coa súa sobriña María Ana de Baviera (1551-1608), filla do duque Alberte V de Baviera e da súa irmá Ana de Habsburgo (1528-1590). Desta unión naceron 15 nenos:

Remove ads

No cine

Máis información Ano, Película ...

Antepasados

Máis información Devanceiros de Carlos II de Estiria ...
Predecesor:
Fernando I
Duque de Estiria, Carniola e Carintia
(Austria Interior)

15641590
Sucesor:
Fernando III
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads