Carlos IV de Luxemburgo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Carlos IV de Luxemburgo
Remove ads

Carlos IV (en alemán: Karl IV, en checo: Karel IV, en latín: Carolus IV) nado en Praga o 14 de maio de 1316 e finado na mesma cidade o 29 de novembro de 1378, foi un emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, da Casa de Luxemburgo, e rei de Alemaña, Bohemia, Borgoña e Italia.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Biografía

Primeiros anos de vida

Membro da Casa de Luxemburgo, fillo do conde Xoán I de Luxemburgo (rei de Bohemia a través do seu matrimonio) e de Sabela de Bohemia (filla do rei Venceslau II e irmá de Venceslau III).

Foi Rei de romanos (entre 1344 e 1378) e emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (entre 1355 e 1378). A través da súa herdanza paterna tamén se converteu en rei de Bohemia (entre 1346 e 1378) e conde de Luxemburgo (entre 1346 e 1353). Foi chamado Venceslau, mais despois da súa confirmación cambiouse o nome por Carlos.

Ascenso ao poder

Foi elixido rei de romanos coa oposición do emperador Lois IV ao ser declarado deposto polo papa Xoán XXII pola política que mantivo en relación con Italia e o propio papado. Dous anos despois (en 1346 sucedeu ao seu pai no trono de Bohemia e no condado de Luxemburgo), prestou o seu apoio ao papa Clemente VI. En 1348 fundou a Universidade de Praga. En 1355 foi coroado rei dos lombardos e, en Roma, como emperador.

A través da promulgación da Bula de Ouro en 1356, quedaron establecidos os requisitos e pasos necesarios para alcanzar a elección como emperador do Sacro Imperio. Sucedeulle como monarca de Bohemia e Luxemburgo o seu fillo Venceslau, que tamén foi designado rei de Alemaña ou dos romanos. Foi o gran promotor da cidade de Praga, pero tamén reafirmou o valor emblemático de Núremberg, dentro do Imperio, con cincuenta e dúas estancias na cidade.

Remove ads

Familia

Matrimonios e fillos

Carlos casou catro veces. A súa primeira esposa foi Branca de Valois (1316-1348), filla de Carlos de Valois. Desta unión naceron dúas fillas:

  • Margarida de Luxemburgo (1335-1349), casada con Lois I de Hungría.
  • Caterina de Bohemia (19 de agosto de 1342 - 26 de abril de 1395), quen contraeu matrimonio primeiro con Rodolfo IV e logo con Otto V.

O seu segundo matrimonio foi con Ana de Baviera (1329-1353), filla de Rodolfo II.

  • Venceslau, que morreu de novo.

A súa terceira esposa foi Ana de Świdnica (1339-1362, filla de Henrique II e Catarina de Anjou), con quen tivo dous fillos:

  • Venceslau de Luxemburgo (1361-1419), sucesor de Carlos como rei de Bohemia.
  • Sabela de Bohemia (1358-1373), quen casou con Alberte III de Austria.

A súa cuarta esposa foi Sabela de Pomerania (1347-1393), filla do Boguslaw V, e Sabela de Polonia. Da súa unión naceron seis fillos:

Ascendencia

Ascendencia de Carlos IV en tres xeracións
Carlos IV de Luxemburgo Pai:
Xoán de Bohemia
Avó paterno:
Henrique VII
Bisavó paterno:
Henrique VI
Bisavoa paterna:
Beatriz D'Avesnes
Avoa paterna:
Margarida de Brabante
Bisavó paterno:
Xoán I, duque de Brabante
Bisavoa paterna:
Margarida III de Flandres
Nai:
Sabela de Bohemia
Avó materno:
Venceslau II de Bohemia
Bisavó materno:
Otakar II de Bohemia
Bisavoa materna:
Cunigunda de Eslavonia
Avoa materna:
Xudite de Habsburgo
Bisavó materno:
Rodolfo I de Habsburgo
Bisavoa materna:
Xertrude de Hohenburg
Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads