Carvea
especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Este artigo trata sobre a especie "Carum carvi", para a outra especie tamén chamada carvea véxase artigo "Rumex crispus".
A carvea[1] (Carum carvi), é unha planta anual da familia umbelífera (Apiaceae) , alta, de raíz fusiforme, talos cadrados e ramudos, flor escura e moita semente, que estraga os prados[2]. É nativa de Europa, Asia Occidental e África do norte. Recibe tamén os nomes comúns galegos de carvés e carvén. Formas menos recomendábeis son cardea e cardén[3].
Remove ads
Descrición
Planta semellante, en aparencia, á cenoira con follas verde brillante finamente divididas e de aspecto plumoso. Medra entre 15–40 cm (en ningún caso acada o metro de altura). O talo floral mide entre 40–60 cm de altura con pequenas flores brancas que xorden en umbelas. Os froitos son aquenios de forma elipsoide de 3 a 6 mm de longo, con 5 pálidos sucos lonxitudinais. A raíz desta planta ten un sabor aromático que lembra o apio ou a cenoira.
Remove ads
Etimoloxía
Romanos e gregos antigos non adoitaban empresar a carvea. O termo carvea (en castelán alcaravea, en portugués alcaravia e en inglés caraway) é unha verba de orixe árabe, acreditada na Península Ibérica dende 1400. En castelán tamén recibe o nome de comino de los prados e en portugués cominho-armênio. Carl von Linné púxolle o nome de Carum carvi, repetindo en realidade dúas veces a palabra, como é frecuente en botánica, para poder ir designando distintas especies de Carum. Martín Sarmiento xa falaba desta planta nos seus escritos do século XVIII[4].
Remove ads
Usos


Os froitos ou sementes enteiras teñen un sabor picante, cun recendo que lembra ao do anís, contén entre un 10% de aceite esencial, principalmente carvona e limoneno. Adóitase empregar coma condimento alimentario, no norte de Europa emprégase para aromatizar queixos: como o Tilsit e o Havarti dinamarqueses e mailo Milbenkäse alemán. Na cociña española do século XVII menciónase repetidas veces o uso da carvea con col cocida[5] á que se engadían patacas cocidas.
É un dos ingredientes do curry.
Na industria emprégase para aromatizar, xabróns, Locións e xaropes.
Propiedades medicinais
A farmacopea latinizou a verba árabe caravea —tirándolle o artigo “al-” como é usual— convertíndoa en -carvus. En medicina e farmacopea fálase “semen carvi”, para se referir á semente, “oleum carvi”, para se referir á esencia, e de “aqua et spiritus carvi”, para se referir á súa tintura.
- Actúa como procinético estimulando o tránsito intestinal e con isto mellora síntomas dispépticos ou de indixestión.[6]
- Diminúe a formación de gases intestinais.
- Galactóxeno.
O aceite esencial produce un efecto aperitivo, eupéptico, carminativo, espasmolítico, colagogo, antiséptico, funxicida (máis potente cá nistatina), mucolítico, expectorante e galactogoga.
Indicado para falla de apetito, flatulencia, síndrome de Roemheld, espasmos gastrointestinais, dispepsias hiposecretoras, disquinesias hepatobiliares, gastroenterite. Bronquite, enfisema, asma. En uso tópico: dermatomicose, otite, limpeza de feridas, ulceracións dérmicas, e queimaduras.[7]
Remove ads
Taxonomía
Carum carvi foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 263. 1753.[8]
- Carum gracile Lindl.
- Carum rosellum Woronow
- Bunium carvi (L.) M.Bieb. (1808)[9]
- Carum aromaticum Salisb.
- Carum decussatum Gilib.
- Carum gracile Lindl.
- Carum officinale Gray
- Carum rosellum Woronow
- Carum velenovskyi Rohlena
- Carvi careum Bubani
- Falcaria carvifolia C.A.Mey.
- Foeniculum carvi (L.) Link
- Karos carvi Nieuwl. & Lunell
- Lagoecia cuminoides Soy.-Will.
- Ligusticum carvi Roth
- Pimpinella carvi Jess.
- Selinum carvi E.H.L.Krause
- Seseli carum Scop.
- Seseli carvi Spreng.
- Sium carum F.H.Wigg.
- Sium carvi Bernh.[10]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
