Phoenix

cidade estadounidense, capital do estado de Arizona From Wikipedia, the free encyclopedia

Phoenixmap
Remove ads

Phoenix é a capital, a maior cidade e a maior área metropolitana do estado estadounidense de Arizona. Phoenix incorporouse o 5 de febreiro de 1881. É a principal cidade da Área Metropolitana de Phoenix e a 7 cidade do país. Os indios navagho chaman á cidade Hoodzo que significa literalmente "este lugar é caloroso", actualmente é a cidade con maior crecemento nos Estados Unidos.

Véxase tamén: Phoenix (sonda espacial).
Datos rápidos Alcume, Epónimo ...
Thumb
Vista da cidade de Phoenix.
Remove ads

Historia

Prehistoria

Os primeiros asentamentos no Val do Sol estableceunos o pobo hohokan ao redor do ano 300 adC. Construíron as primeiras granxas e estableceron un sistema de canles que permitía traer a auga desde o río Salgado. Viviron tamén nas ruínas de Pobo Grande entre o 700 e o 1400. Foi un pobo emprendedor e imaxinativo. O seu sistema de irrigación compendría uns 217 km de canles.

Orixe da cidade

En 1867, o aventureiro Jack Swilling parou para descansar na zona norte das Montañas White Tank. Descubriu que a área tiña numerosas zonas agrícolas, libres de xeadas. Só se necesitaba auga. En 1868 construíu unha canle que traía auga desde o río Salgado e fundou unha pequena colonia a uns 6 quilómetros da actual cidade. O nome de Phoenix (fénix) deullo o pioneiro Darrel Dupa simbolizando así o nacemento dunha nova civilización sobre as ruínas deixadas polos hohokan. A cidade foi recoñecida oficialmente o 4 de maio de 1868.

Prosperidade e modernidade

A chegada do ferrocarril en 1880 foi o primeiro de diversos acontecementos que revolucionaron a economía de Phoenix. A cidade converteuse nun centro de comercio na que os produtos chegaban aos mercados das costas leste e oeste do país. A Cámara de Comercio de Phoenix de estableceu en 1888.

En 1902, o presidente Theodore Roosevelt permitiu a construción de presas na zona oeste, satisfacendo así as demandas dos habitantes do Val do Sol. En 1911 a presa Roosevelt, unha das maiores do mundo, empezou a ser operativa. A presa creou tamén o Lago Roosevelt que ampliou a zona de irrigación. O 14 de febreiro de 1912, o presidente William Howard Taft instituíu o estado de Arizona e nomeou a Phoenix como o seu capital.

Remove ads

Xeografía

Phoenix atópase a 33°31'42" norte 112°4'35" oeste na zona central de Arizona, no corazón do Deserto de Sonora. A área metropolitana inclúe as comunidades de Glendale, Mesa, Scottsdale, Tempe, Chandler, Gilbert, Peoria e outras máis pequenas. Ademais, na área establecéronse diversas comunidades de retiro como Sun City.

A cidade ocupa unha área de 1.230,5 km² dos cales 1.229,9 pertencen a terra e 0,6 a zona de auga.

Remove ads

Clima

É habitual que a cidade teña o ceo despexado, cunha media de 300 días de sol ao ano. A temperatura alcanza os 38 °C durante 89 días ao ano, sobre todo entre os meses de xuño e setembro. No verán adóitanse alcanzar temperaturas de máis de 40 °C. A temperatura máxima alcanzouse o 26 de xuño de 1990 ao chegar os termómetros a marcar os 50 °C.

Máis información MesTemperaturas medias e precipitación: weather.com.Datos sobre o clima: weatherbase.com., Xan ...

Cidades irmandadas

Phoenix está irmandada con dez cidades[1]:

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads