Celomados

From Wikipedia, the free encyclopedia

Celomados
Remove ads

Os celomados (Coelomata) son animais triblásticos con celoma, polo menos durante as fases embrionarias. Nestes animais o mesoderma fai un oco e no seu interior fórmase unha cavidade, chamada celoma, que forma a cavidade xeral interna do animal.

Máis información Clasificación científica, Superfilos ...

Existen outros animais que carecen de cavidade corporal (acelomados) e outros que non teñen un verdadeiro celoma senón un blastocele persistente (pseudocelomados).

Remove ads

Tipos de celomados

Segundo a orixe da cavidade celomática, distínguese dous tipos de celomados:

  • Esquizocelomados. O celoma fórmase por esquizocelia, é dicir, a partir de agrupacións de células no interior da gástrula.
  • Enterocelomados. O celoma fórmase por enterocelia, é dicir, invaxinacións do arquénteron, que é o futuro tubo dixestivo.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads