Cisne (constelación)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cisne (constelación)
Remove ads

Cygnus ou Cisne[1] é unha constelación do hemisferio norte que atravesa a Vía Láctea. Dado o patrón das estrelas principais, ás veces é coñecida coma a Cruz do Norte (en contraste coa Cruz do Sur). Contén a Deneb, unha estrela de primeira magnitude e un grupo de seis estrelas que forman a Cruz do Norte.

Datos rápidos Cygnus, Nome latino ...
Remove ads

Estrelas principais

  • α Cygni (Deneb), a estrela máis brillante da constelación con magnitude aparente 1,25, é unha estrela superxigante branco-azulada. Moi afastada de nós, non se coñece a súa distancia con exactitude, podendo estar entre 1600 e 3200 anos luz. O seu brillo ten que ser extraordinario, cunha luminosidade entre 60.000 e 250.000 soles.
  • β Cygni (Albireo), con magnitude 3,05, é unha estrela dobre onde as dúas compoñentes, unha amarela e a outra azul, están separadas 34 arcsec. Á súa vez, a primeira delas é unha binaria espectroscópica.
  • γ Cygni (Sadr), a segunda máis brillante da constelación con magnitude 2,23, superxigante amarela a 1300 anos luz.
  • δ Cygni, de magnitude 2,86, un sistema estelar triplo.
  • ε Cygni (Giennah), de magnitude 2,48, unha [xigante laranxa].
  • ζ Cygni, estrela de bario cunha anana brhanca de compañeira.
  • ξ Cygni, superxigante laranxa de magnitude 3,72 situada a uns 1200 anos luz.
  • ο Cygni, designación de Bayer compartida por dúas estrelas distintas, ο1 Cygni e ο2 Cygni; curiosamente as dúas son binarias eclípsantes.
  • χ Cygni, estrela superxigante de tipo espectral S, cunha magnitude oscila entre 3,62 e 15,00, a maior variación coñecida nunha estrela.
  • ω² Cygni (Ruchba), estrela binaria onde a súa observación é moi interesante polo contraste entre ambas compoñentes (vermella e azul).
  • 61 Cygni, estrela binaria formada por dúas ananas laranxas nas proximidades do sistema solar (11,36 anos luz), unha das mellores para observar cuns prismáticos.
  • 16 Cygni, sistema triplo composto por dúas ananas amarelas semellantes ó Sol, e unha anana vermella: descubriuse un planeta extrasolar ó redor dunha das estrelas amarelas.
  • Gliese 777, sistema binario onde a compoñente principal ten dous planetas extrasolares.
  • GJ 1245 (V1581 Cygni), sistema estelar triplo a uns 15 anos luz da Terra.
  • HD 188753, cun posible planeta extrasolar, sería o primeiro descuberto ó redor dun sistema estelar triplo.
  • P Cygni, estrela hiperxigante variable luminosa azul, unha das máis brillantes da galaxia. A súa magnitude aparente é 4,8.
  • KY Cygni, unha colosal superxigante vermella, unha das máis grandes que se coñecen.
  • SS Cygni, posiblemente a estrela variable máis observada do firmamento, cunha magnitude que varía entre 8,3 e 12,2.
  • TT Cygni, estrela de carbono cunha cuberta de po ó redor.
  • Cygnus X-1, un sistema binario composto por unha superxigante azul e outro obxecto masivo, probablemente un burato negro.
Remove ads

Obxectos Notables do espazo profundo

  • Nebulosa Norteamérica (NGC 7000), situada ó leste de Deneb, a súa forma lembra ó continente norteamericano.
  • Nebulosa Pelicano (IC 5070), o seu nome debese á forma semellante á desta ave.
  • Nebulosa do Velo NGC 6960, NGC 6992 e NGC 6995, é o resto dunha antiga supernova.
  • Nebulosa Medialuna (NGC 6888), formada por unha estrela de Wolf-Rayet (WR 136).
  • Nebulosas planetarias NGC 6826 (Nebulosa do Ollo que Pestanexa), NGC 6884, NGC 7027.
  • Nebulosa do Ovo (RAFGL 2688), protonebulosa planetaria bipolar.
  • Nebulosa do casulo (IC 5146)
  • Galaxia NGC 6946, no límite coa constelación de Cepheus, onde se teñen observado varias supernovas.
Remove ads

Historia e mitoloxía

Thumb
Cygnus e Lyra.

Na mitoloxía grega, a constelación representaba varios cisnes lendarios. Así, Zeus disfrazouse de cisne para seducir a Némesis, da que, segundo algunhas versións, naceu Helena de Troia.

Orfeo foi transformado en cisne trala súa morte, e dicíase que fora posto no firmamento xunto coa súa lira (Lyra).

Finalmente, cóntase que representa un rei de nome Cicno que era un parente ou amante de Faetón. O fillo de Apolo, Faetón, enganou ó seu pai permitíndolle montar no carro do Sol, pero perdeu o control e foi abatido por Zeus. Despois da morte de Faetón, Cicno mergullouse no río Erídano para atopalo. Fíxoo tantas veces, que se foi transformado no cisne Cygnus, e hoxe é visible no ceo.

Por outra parte, Cygnus, xunto a outras constelacións no signo zodiacal de Saxitario (en concreto Lyra e Aquila, xunto á propia Saxitario), poden ter un papel significativo na orixe do mito das Aves de Estinfalo, unha das doce tarefas de Hércules.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads