Charles Pozzi
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Charles Pozzi (27 de agosto de 1909 - 28 de febreiro de 2001) foi un piloto francés que participou nunha carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950, o ano do seu inicio.
Remove ads
Andaina nas carreiras
Nado Carlo Alberto Pozzi en París, Francia de familia italiana, coñecíase como Charles, a tradución francesa do seu nome. Traballaba como vendedor de automóbiles e a súa carreira como piloto de carreiras só comezou cando xa tiña 37 anos. Máis tarde na vida, como importador oficial francés de automóbiles Ferrari e Maserati, o seu nome aparecería en moitos coches de carreiras.
En 1946 competiu, co seu Delahaye 135CS, en varias carreiras incluíndo o Gran Premio de Borgoña - Dijon onde rematou na cuarta posición e o Gran Premio de Le Mans, corría na pista de Nantes este ano, onde rematou na quinta posición, pilotando un Delahaye.
En 1949, gañou o [[Grand Prix du Comminges | Grand Prix de autos deportivos de Comminges], en Saint-Gaudens, cun Delahaye 145 (chasis N ° 48775), equipado cun motor de seis cilindros de 4,5 litros Delahaye 175.[1][2][3]

Remove ads
Principais logros
Nota: 35º Grand Prix de L'ACF compartíu resultados con Louis Rosier como co-piloto
- 1947, competiu en:
- Gran Premio de Pau,
- Gran Premiodo Automóbil de Marsella,
- Circuíto des Remparts en Angoulême,
- Grand Prix du Comminges en Saint-Gaudens.
- 1948, competiu en:
- Gran Premio das Nacións en Xenebra,
- Retirado no Grand Prix du Comminges en Saint-Gaudens (Talbot).[5]
- 1949, correu no Gran Premio do Automóbil de Pau,
- 1952, gañou as 12 Horas de Casablanca,[6] Marrocos
- 1953, gañou:
- Primeira posición das 12H de Hyères na categoría 2L [7] e na terceira posición xeral,
- Segunda posición das 12H de Reims na categoría 2L e a 6ª posición na clasificación xeral. Por estes dous eventos, correu no Ferrari 166MM Berlinetta Vignale que pertence ao seu compañeiro de equipo François Picard.
- Terceira posición nas 12 horas de Agadir Marrocos cun Lancia Aurelia
- 1954, rematou:
- as 12 horas de Hyères en 2ª posición cun Ferrari 500 Mondial,[8]
- as 12 horas de Reims na 9ª posición co mesmo coche.
- a subida de Planfoy.
Remove ads
O negocio de Pozzi
Despois da súa retirada das carreiras, fundou a Charles Pozzi S.A., o importador oficial de vehículos a motor Ferrari e Maserati en Francia. En 2003, a compañía adquiríuna a compañía Ferrari.
Pozzi morreu en 2001 en Levallois-Perret, un suburbio no oeste de París.
Resultados completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
- * Indican unidade compartida con Louis Rosier
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads