Charrela cinsenta
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A charrela cinsenta[1], comunmente charrela[2] ou perdiz charrela,[3] Perdix perdix, é unha especie ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, unha das tres comprendidas no xénero Perdix.
De orixe eurasiática, foi introducida e aclimatada como peza de caza en Norteamérica, onde se distribúe na actualidade nas pradarías do norte dos Estados Unidos e do sur e o leste do Canadá.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A especie foi descrita en 1758 por Linneo na páxina 160 da 10ª edición do seu Systema Naturae,[4] co nome de Tetrao perdix.[5]
Etimoloxía
Ver a etimoloxía en Perdix.
Subespecies
Na actualidade recoñécense nesta especie as oito subespecies seguintes:[4]
- Perdix perdix (Linnaeus, 1758)
- Perdix perdix armoricana Hartert, 1917 - Francia
- Perdix perdix canescens Buturlin, 1906 - Turquía, sur do Cáucaso, Transcaucasia e norte e noroeste de Irán.
- Perdix perdix hispaniensis Reichenow, 1892 - Pireneos centrais, norte de España e nordeste de Portugal
- Perdix perdix italica Hartert, 1917 - península Italiana
- Perdix perdix lucida (Altum, 1894) - desde Finlandia até os montes Urais polo leste, e aaté as ribeiras do mar Negro, Crimea e o Cáucaso polo sur.
- Perdix perdix perdix (Linnaeus, 1758) - sur de Escandinavia, Gran Bretaña, e do nordeste de Francia a Grecia.
- Perdix perdix robusta Homeyer & Tancre, 1883 - desde os Urais até o Altai, chegando polo leste a Saian e a república rusa de Tuba, e polo sur até a costa do mar Caspio, o mar de Aral e o Sinkiang.
- Perdix perdix sphagnetorum (Altum, 1894) - norte dos Países Baixos e noroeste de Alemaña.
Remove ads
Características
A charrela é unha ave de entre 29 e 31 cm de lonxitude, ás e cola arredondadas e aspecto gordecho. A fronte, os lados da cabeza e a gorxa son de coloración que vai do laranxa o castaño ferruxento, o lombo e as plumas superiores da cola son gris claras. Os lados e partes laterais do peito teñen bandas castañas, Na metade inferior do papo teñen unha mancha castaña, chamada escudo, que a miúdo falta ou é moi pequena nas femias. O debuxo da plumas cobertoiras dos ombreiros permite diferenciar as femias dos machos: as primeiras teñen listas transversais das que os machos carecen. Tamén o debuxo da parte superior da cabeza cambia segundo os sexos: os machos teñen raias que no caso das femias son manchiñas.[Cómpre referencia]
Remove ads
Bioloxía reprodutora


A época de apareamento comeza cando se acaba a parte máis dura do inverno. As charrelas establecen parellas monógamas que duran unha estación de cría. Fan o niño no chan, no que se confunden ben grazas á súa plumaxe críptica de fondo gris e castaño con manchas negras, avermelladas e castañas. Poñen entre 10 e 25 ovos, que chocan unhas tres semanas. As femias defenden o niño con forza e moitas veces non o abandonan ata o último momento, aínda que a ameaza sexa evidente. Cando os polos saen do ovo móvense en grupos familiares. Cando se atopan dúas familias durante a época de cría, poden ter lugar fortes disputas. Só a finais do outono se forman bandos compostos por varias familias. Durante o inverno as poboacións redúcense moito, malia a resistencia das charrelas ó frío.[Cómpre referencia]
As charrelas son moi fieis ós seus territorios e os exemplares novos adoitan asentarse preto dos adultos.[Cómpre referencia]
Status
A distribución xeográfica e o número de exemplares vense ameazados polos cambios nos sistemas agrícolas, sobre todo a mecanización das colleitas. A IUCN calcula a poboación total da charrela entre 2,5 e 5 millóns de exemplares, polo que, malia o lixeiro retroceso da especie, a cualifica como "non ameazada".
Nomes vulgares noutras linguas
- Alemán: Rebhuhn
- Catalán: Perdiu xerra
- Danés: Agerhøne
- Español: Perdiz pardilla
- Euskara: Eper gris
- Francés: Perdrix grise
- Inglés: Grey Partridge
- Italiano: Starna
- Neerlandés: Patrijs
- Polaco: Kuropatwa
- Sueco: Rapphöna
Notas =
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads