Perdix

xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia

Perdix
Remove ads

Non confundir con Pérdix.

Máis información Clasificación científica, Especies e Subespecies ...

Perdix é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, que inclúe tres especies de perdices.

Estas aves están relacionadas filoxeneticamente coas pitas do monte, os paspallases e os faisáns, pero non con especies subtropicais que adoito reciben o nome de perdices, debido ao seu tamaño e morfoloxía similares.[2]

Hai representantes do xénero Perdix na maior parte da Europa e a Asia temperadas.[2]

Un membro do xénero, a charrela, foi introducida nos Estados Unidos e o Canadá con propósito cinexético.[2]

Remove ads

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1760 polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson,[3] na súa obra Ornithologie, ou, Méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, especes & leurs variétés. A laquelle on a joint une description exacte de chaque espece, avec les citations des auteurs qui en ont traité, les noms qu'ils leur ont donnés, ceux que leur ont donnés les différentes nations, & les noms vulgaires. París: Bauche.

Etimoloxía

O nome do xénero, Perdix, Brisson tomouno do latín perdix, voz derivada do grego antigo πέρδιξ pérdix, que era o nome da ave en que se transformou Pérdix, o sobriño de Dédalo.[4][5]

Especies e subespecies

Thumb
Lámina de Perdix dauurica, por Joseph Wolf, en Proceedings of the Zoological Society of London, 1863.

Na actualidade recoñécense no xénero tres especies,[3] coas subespecies que se indican:

  • Xénero Perdix Brisson, 1760
    • Perdix dauurica (Pallas, 1811) – perdiz daúrica.[6]
      • Perdix dauurica dauurica (Pallas, 1811)
      • Perdix dauurica suschkini Poliakov, 1915
    • Perdix hodgsoniae (Hodgson, 1857) – perdiz tibetana.[7]
      • Perdix hodgsoniae caraganae Meinertzhagen & A. Meinertzhagen, 1926
      • Perdix hodgsoniae hodgsoniae (Hodgson, 1857)
      • Perdix hodgsoniae sifanica Prjevalsky, 1876
    • Perdix perdix (Linnaeus, 1758) – charrela ou perdiz charrela.[8]
      • Perdix perdix armoricana Hartert, 1917
      • Perdix perdix canescens Buturlin, 1906
      • Perdix perdix hispaniensis Reichenow, 1892
      • Perdix perdix italica Hartert, 1917
      • Perdix perdix lucida (Altum, 1894)
      • Perdix perdix perdix (Linnaeus, 1758)
      • Perdix perdix robusta Homeyer & Tancre, 1883
      • Perdix perdix sphagnetorum (Altum, 1894)
Remove ads

Características

Thumb
Lámina de Perdix hodgsoniae, por John Gould, en The birds of Asia (1850-1883).

Son aves non migratorias que habitan en campos abertos e en estepas, aínda que hoxe en día están máis asociadas ás terras agrícolas. Trátanse de perdices de tamaño mediano, con picos e patas de cor apagado (en contraste co vermello das do xénero Alectoris), coa plumaxe das partes superiores de cor parda con raias, e colas algo avermelladas; as tres especies presentan unha rechamante gran mancha parda escura, case negra ás veces, na plumaxe da rexión abdominal. Ningún dos dous sexos teñen esporóns nas patas, e o único dimorfismo sexual que presentan é que a cor plumaxe e das femias tende a ser máis apagada que a dos machos. O niño é unha lixeira escavación no solo ou na cuberta vexetal. Aliméntanse dunha gran variedade de sementes e algúns insectos completan a súa dieta.[9]

As perdices charrelas e as daúricas están moi estreitamente relacionadas e teñen unha aparencia similar, e forman unha superespecie. A perdiz tibetana ten un rechamante patrón de cara en branco e negro, a peituga negra e 16 plumas na cola, en lugar das 18 das outras especies. Ningunha das especies está ameazada a nivel global, pero as dúas perdices máis xeneralizadas (a charrela e a daúrica) son cazadas en exceso nalgunhas partes da súa área de distribución. Ademais, a charrela foi gravemente afectada polos cambios agrícolas, e a súa área reduciuse considerabelmente.[9]

Remove ads

En Galicia

Das tres especies só unha está presente en Galicia, a charrela, onde é pouco común (estando ademais en regresión), pero que aínda se pode encontrar, a altitudes a partir dos 1 200 msnm nos Ancares e o Courel.[10]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads