Perdix perdix hispaniensis
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Perdix perdix hispaniensis é unha das oito subespecies de Perdix perdix, a perdiz charrela, ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, pertencente ao xénero Perdix.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A subespecie foi descrita en polo ornitólogo alemán Anton Reichenow,[1] en Ber. Marz-Sitz. Deutsche Orn. Ges., p. 5.[2]
Nota taxonómica
Aínda que o nome oficial da subespecie é hispaniensis Reichenow, 1892, cómpre salientar que López Seoane estudou antes (1891) a forma galaica, á que lle deu a denominación charrela que, inexplicablmente (ou talvez non) foi ignorada, e debe ser reivindicada.[3]
Remove ads
Distribución
A súa área de distribución abarca o nordeste de Portugal e o norte de España.[4]
Distribución en Galicia
A perdiz charrela é unha das dúas especies de perdices que se encontran en Galicia (a outra é a perdiz rubia). A subespecie Perdix perdix hispaniensis é propia das zonas montañosas do noroeste da Península Ibérica, onde é sedentaria, con movementos altitudinais por mor da climatoloxía extrema. En Galicia é pouco común, e ademais a súa poboación está dimiuíndo nos últimos anos (Noval afirma que cada vez é máis escasa nos montes do norte de Iberia),[5] limitándose ás serras orientais do país, onde se pode encontrar en altiutudes a partir dos 1 200 msnm, nos Ancares, o Courel, Cabeza de Manzaneda serra do Eixe, serra Calva e zonas próximas.[6][7] (Ver mapa).
Remove ads
Características
Os espécimes que viven en Galicia miden 30 cm. Ambos os sexos son semellantes. A cabeza, a cara e as plumas rectrices externas, son de cor rubia, o pescozo e o peito, de cincenta, as costas son cincentas coon riscas de cores castaña e branca, e no ventre presentan unha gran mancha parda escura en forma de ferradura sobre fondo branco. Os inmaturos e algunhas femias carecen desta "ferradura", ou é moi tenue e case non se lles aprecia. As patas dos adultos son cincentas, e s dos inmaturos, amarelas.[6]
Bioloxía
Alimentación
Aliméntase de sementes, follas e bagas de diferentes vexetais. Consome grandes cantidades de agróns e gramíneas. En novembro e decembro, en Galicia, os arandos a base da súa dieta. Pero tamén comen insectos, (saltóns, formigas, etc.) e outros invertebrados (como miñocas, caracois e diversas larvas).[6][8]
Reprodución
Aniñan e depresións do solo, ao abeiro de matogueiras, peferentemente carqueixas. En Galicia aniñan entre finais de maio e xuño. A niñada consta de 12 a 14 ovos, aínda que pode chegar a 12,[8] ou de 10 a 20, segundo Iglesias.[9] Os ovos, de cor amarela verdosa, son chocados pola femia durante 23-26 días. Os polos son nidífugos e poden voar aos 15 días de naceren.[6] O macho, despois do nacemento dos polos, axuda á femia no coidado e a mantenza deles.[8]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads