Chicoria
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A chicoria (Cichorium intybus) é unha planta herbácea perenne da familia das asteráceas, de follas ásperas pode acadar o metro de altura, medra en abas pedregosas e terreos estériles sempre que lle dea o sol. Cómense as súas follas tenras e coa súa raíz prepárase unha infusión, tamén denominada chicoria, con propiedades medicinais que se consumiu profusamente ata mediados do século XX.

Remove ads
Descrición
É unha herba robusta perenne, máis ou menos pubescente, que pode acadar 1 metro de altura. De profunda raíz única, cónica, grosa e pivotante. Amosa numerosas ramificacións; as follas basais son espatuladas, semicarnosas, suavemente dentadas, e as situadas na parte superior do talo se encontran reducidas a brácteas. A floración, entre xullo e setembro, dá lugar a inflorescencias liguladas de cor azul-lila máis ou menos intensa e incluso rosa ou branca, sostidas por un pedúnculo longo, rexo e estriado lonxitudinalmente; a flor ten a particularidade de non se abrir máis que a pleno sol, e seguir a traxectoria deste ao igual que os tornasois. Son hermafroditas, de reprodución autógama a maioría das veces. O froito é un aquenio poligonal, cunha coroa (papo) moi curta de miúdas escamas.
Remove ads
Usos
Gastronomía
Dende o século XVII a infusión da súa raíz torrada utilízase coma sucedáneo do café ou como adulterante deste último, un uso particularmente frecuente nas ocasións en que as restricións ao transporte impediron a importación de produtos tropicais e que levou á expansión do seu cultivo durante as Guerras Napoleónicas.
Como vexetal de ensalada o seu uso remóntase só ao século XIX, pois o marcado sabor amargo da intibina que contén fai que as follas maduras non sexan polo xeral aptas para o consumo.
Medicina
Dende a Idade Media C. intybus emprégase coma menciña; co nome de solsequim aparece xa nas leis agrarias ditadas por Carlomagno. Paracelso recomendábaa en emplastos para as irritacións da pel, e en infusión para tratar enfermidades do sistema dixestivo e do fígado, e como estimulante da bile. Esta planta tamén pode utilizarse para lavaxe de eccemas, aínda que en persoas proclives pode provocar reaccións alérxicas.
Propiedades
- estimula o funcionamento axeitado do fígado;
- estimula a secreción da bile,
- desintoxicante e depurativa (colagogos e coleréticos);
- cicatrizante;
- sedante;
- diurética.
- expulsión de vermes intestinais.
Remove ads
Táxones infraespecíficos
Todos os descritos son considerados meros sinónimos.[2]
Taxonomía
Cichorium intybus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum, vol. 2, p. 813 en 1753.[3]
- Cichorium balearicum Porta
- Cichorium byzantinum Clementi
- Cichorium caeruleum Gilib. nom. invalid.
- Cichorium cosnia C.B.Clarke
- Cichorium cicorea Dumort.
- Cichorium commune Pall.
- Cichorium divaricatum Heldr. ex Nyman non Schousb.
- Cichorium glabratum C.Presl
- Cichorium glaucum Hoffmanns. & Link
- Cichorium hirsutum Gren.
- Cichorium illyricum Borb.
- Cichorium intybus f. alba Farw.
- Cichorium intybus subsp. balearicum (Porta) Gand.
- Cichorium intybus var. callosum (Pomel) Maire
- Cichorium intybus f. crispum Makino
- Cichorium intybus subsp. foliosum (Hegi) Janch.
- Cichorium intybus var. foliosum Hegi
- Cichorium intybus var. glabratum (C.Presl) Batt.
- Cichorium intybus subsp. glabratum (C.Presl) Arcang.
- Cichorium intybus var. glabrum (C.Presl) Gren. & Godr.
- Cichorium intybus subsp. glaucum (Hoffmanns. & Link) Tzvelev
- Cichorium intybus var. longipes Faure & Maire
- Cichorium intybus var. radicosum Alef.
- Cichorium intybus f. rubicunda Farw.
- Cichorium intybus f. sativum (DC.) Bisch.
- Cichorium intybus subsp. sylvestre
- Cichorium intybus var. eglandulosum Freyn & Sint.
- Cichorium intybus var. indivisum Vis.
- Cichorium officinale Gueldenst.
- Cichorium perenne Stokes
- Cichorium rigidum Salisb. nom. illeg.
- Cichorium sylvestre (Tourn.) Lam. nom.illeg.
- Cichorium sylvestre Garsault nom. invalid.
- Endivia hortensis Hill[4][5]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads